quarta-feira, junho 29, 2005

Onte...

...tiven todo o día na cabeza esta canción:
You pull back the curtains, and the sun burns into your eyes,
You watch a plane flying across a clear blue sky.
THIS IS THE DAY -- Your life will surely change.
THIS IS THE DAY -- Your life will surely change.
¡Cómo me gustaban os The The e qué ben lle acaía a canción ao futuro ilusionante que agardamos!

terça-feira, junho 28, 2005

¡¡¡¡¡¡¡Desta foi!!!!!!

Teño ao Radical a meu carón facendo e desfacendo contas e asegúrame desde a súa experiencia de home de ciencias de toda-la-vida-de-dios (ainda que con devaneos antropolóxicos), que xa é imposible que o PePe nos faga a puñeta unha vez máis...
Abraiante o resultado de Lugo... (6818 votos para o PSOE e 6594 para o PP)

domingo, junho 26, 2005

Frases de cinema

Trata Martin Pawley polo miudo a lista das cen frases máis célebres de cinema en toda a historia. Busco e rebusco sen atopar nesa lista unha das miñas favoritas. Pronúnciaa Olivia de Havilland en "La heredera", de William Wyler: Yes, I can be very cruel. I have been taught by masters (Sí, podo ser moi cruel. Tiven bos mestres). A película é unha adaptación de Washington Square de Henry James. Moi recomendable. A novela tamén... polo menos para quén ature a Henry James, que haberá quen non...

Rebelión

Síntome coma o granxeiro de Animal Farm, ainda que sen mazarme a copas... Rebelouseme o blog e deulle por deixar non sei cántas liñas en branco (bueno, en verde) no primeiro post, non me funciona o Hello, así que non podo subir imaxes...
Como esto siga así, haberá que ir pensando ou en abandoar o blog ou en mudar de "casa" ¿algunha suxerencia: blogia, bitacoras, blogsome, ya.com...?

sexta-feira, junho 24, 2005

PROBA

Probando se esto fai cousas raras...

quinta-feira, junho 23, 2005

Se vos é posible, apúntadevos


Se non podedes, dádelle a máxima difusión á convocatoria. É un acto cívico, convocado por cidadáns, non por partidos. Que non vote por nós Argentina

Qué bo!

O mensaxe no blog de Casatlantica "non votes por min Arghentinaaaa". Fala coma outros (paleon, As tuas balas, Gradicela) do proxecto que hai de formar unha cadea humana dende a estatua de Castelao ata a de Pablo Iglesias en Santiago, seguramente o domingo que ven. Eu estarei traballando nese momento a uns 800 kms. de distancia, pero de espíritu, corazón, cerebro, fígado, ovarios e o que faga falta, estarei con eles e con tantos outros que alí se achegarán.

quarta-feira, junho 22, 2005

My family

Ás veces penso que somos un pouco raros... O luns miña nai díxolle a meu pai: "entra en Internet a ver cómo está nuestra hija después del palo de las elecciones". Non sei qué diría a Igrexa Católica de nós...

Paraísos (II)

Era case de noite, pero ainda tocamos a auga coa punta dos dedos... Non estaba fría, para ser o Atlántico, nada fría.

terça-feira, junho 21, 2005

Agradecida, ilusionada, somentes podo dicir...

Glups. Seguindo o consello/ánimo de paleon, enviei un breve a Vieiros para a sección Abrollos. Sorpresa, sorpresa ¡publicarono! Agradezolles a benevolencia aos mandamases de Vieiros, que me fixeron sentir coma cando os concursos de redacción do colexio.

segunda-feira, junho 20, 2005

Florideando

Estaremos unha semana sen saber quén será presidente. Qué modernos, igual que os USA no 2000. Vaino decidir xente á que lle importa tres carallos se temos boas estradas, se a nosa Sanidade funciona ou se a educación anda a sufrir un proceso de privatización encuberta. Mesmo non saben que en Galiza a un enfermo de cancro o poden ir buscar ás tres da mañá á casa en ambulancia para optimizar a máquina da radioterapia, xestionada por unha empresa privada...
Poño esta ligazón da Voz por se alguén ten interese en saber os intringulis numéricos que lles van dar a maioría absoluta.
Xa sei que non estou moi optimista, pero e que creo que desta tampouco vai.

Galeguidade

A noite de onte foi de reunión na nosa casa: tres pontevedreses, un ourensán, un coruñés e un extremeño (pobre, o que fai vir seguindo a churri). Dos galegos alí reunidos, dous pasaron os primeiros anos en países de Latinoamérica. Os cinco vivimos e traballamos fóra de Galicia. A primeira hora foi alegre e exultante: a tortilla estaba boa, o viño excelente, non sentiamos calor e todo era alegría.
De aí en diante comezaron mudar as facianas e as miradas suspicaces acaían sobre o ourensán... En Ourense nunca cambia nada, dicía él. O extremeño trataba de animar e preguntaba se eramos do benejé e trataba de terciar dicindo que eles tamén levaban moitos anos con Ibarra...
Só un dos cinco galegos que alí estabamos votou: tres perdemos o dereito ao voto en Galiza ao empadroarnos no lugar de residencia, e a unha pasoulle o prazo do voto por correo (esa sentou no chan onte a noite, castigada). Xa non somos galegos, ainda que a que máis tempo leva fora (eu) acaba de facer 6 anos na emigración e todos queremos voltar o antes posible.
Alguén tería que reflexionar sobre isto.

sábado, junho 18, 2005

E tamén subiu o Cádiz

Pasei tres anos alí e... alá vai o himno "oficioso" e chirigotero para a mellor afición do mundo:
Dicen que el amarillo
está maldito pa' los artistas
y este color, sin embargo,
es gloria bendita para los cadistas.
Que aunque reciben a cambio
todo un calvario
de decepciones,
de amarillo se pintan la cara
amarillos son sus corazones
y han dado su vida y sus gargantas
siguiendo donde haga falta
al Cádiz de sus amores
Ratatatatatatá
benditos sean los que llenan de esperanza
ratatatatatatá
cada rincón, cada escalón de mi Carranza
Sin importarles que nunca
vayan a ser campeones
han conseguido el respeto
de toda España
por estos colores
Por eso viva mi Cádiz,
vivan los cadistas,
vivan sus cojones...

¿Será un sinal?

Hai dúas semanas que estiven a piques de colgar esta imaxe cun anaco dunha canción da miña nenez. Pero non sei se foi preguiza, se foi un presentimento, o caso é que non o fixen. Pero hoxe sí, desta vai...
Dixolle o sobriño ao tio
ao entrar en Balaidos
Dixolle o sobriño ao tio:
"se ganamos o domingo
fagoche socio de Rio
fagoche socio de Rio
fagoche socio de RIo
"ao entrar en Balaidos
dixolle o sobriño ao tio
Sempre andas decindo
pro ano que ven
e chega outro ano
e pasa tamen
e pasa tamen,
e pasa tamen
sempre andas decindo
pro ano que ven.
Que esta media foliada sexa unha preparación para a foliada enteira de mañá.

Paraísos (I)

Descuberto nesta pasada fin de semana

Se non me gustas... ¿serás moro?

O outro día unha "clienta" marchou do choio berrándolle a un dos meus compañeiros; en principio, dicía "vayase usted a trabajar a su tierra", o que nos fixo pensar a todos cómo demos sabía que o increpado era de Ciudad Real, se leva vivindo en Extremadura máis de vinte anos e non ten ningún sotaque especial. A segunda frase aclarounolo todo; houbo unha lixeira variación no berro, que pasou a "vayase usted a su país, que aquí no queremos marroquís"...
E o que ten ser morenazo e estar un pouco xordo (seguramente a individua pensou que non a entendía ben porque non coñecía a lingua...): que calquera tont@ pode pensar que atopou un motivo de aldraxe fácil.
Por sorte, neste caso, só provocou risa... Ogallá que esta e outros desgrazados coma ela, sigan a trabucar tanto o obxectivo ao que tiran. Cando acertan, xa non é de risa.

Plans para o domingo

Agardamos o domingo con nervios, esperanza e tamén inquedanza. Hoxe, falando con outro exiliado do meu gremio, quedamos en que pasaríamos o trago xuntos, na nosa casa, aproveitando que temos TVG... por un día, haberá que engancharse e creo que as caras dos que vaian analisar a situación do reconto nos van dar unha idea de cómo irá a noite. Supoño que os catro ou cinco que nos xuntemos estaremos cos ollos e os oídos ben abertos.
Haberá que poñer no frigo un albariño de meus pais: esperemos que sirva para celebrar e non para axudar a esquecer.
Meteume envexa o Regueifeiro, a ver se mañá lle saco unha foto ao viño.

segunda-feira, junho 13, 2005

A ídola

A fin de semana portuguesa transcurriu con máis amigos "exiliados". Andaban impacientes porque tiñan aínda que ir votar. Falamos moito do que os catro queriamos que pasara. Eles tiñan, nalgúns aspectos, máis información ca nós. Só reciben dúas cadenas estatais (TVE1 e TVG) así que estes días ven moito a Galega, a ver que se coce... Eu non a poño nin de casualidade. E as noticias menos.
A nosa amiga B. comentaba, con moita retranca, que se se chega a presentar a Sra. Porro de candidata, tería a obriga de votala. Tódolos días ve unha edición de noticias que fala das comarcas e, casualmente, cádralle moito ver a de Vigo. Tódolos días sae Mme. Porro inaugurando algo; é tan sinxela e humilde que non lle importa inaugurar calquera cousa: o mesmo lle presta un centro de saúde que un banco que puxeron no parque. Decía B. que agardaba vela un día inaugurando unha flor... o único que lle quedaba por experimentar.

domingo, junho 12, 2005

De volta, un breve

Nas librerías de Lisboa chámame a atención a promoción dun libro: o blog de Gato fedorento. Máis tarde, na praia, vexo a unha muller léndoo. Ao chegar a casa, infórmome: está na lista dos dez máis vendidos tanto da FNAC, como da Bertrand (ai, qué mágoa que pecharan aquela sucursal tan bonitiña que tiñan en Vigo...). Xusto antes de marchar, vin nas noticias unha minireportaxe sobre os blogs, na que falaban de Escolar (como non), do blog de Vigalondo e tamén da publicación do blog de Almudena Montero, o Diario de una treintañera, en forma de libro. Parece que é un non parar. ¿Haberá algunha vez un libro-blog no blogomillo?

sexta-feira, junho 10, 2005

Non será por non subirme a moral

¿De qué misterioso material farán os traxes de baño para que encollan tanto co paso de 10 meses de nada? Vai ti saber...

quinta-feira, junho 09, 2005

Misery (fans e miserias) (I)

Asústanme os fans. Refírome a ese tipo de xente que exhibe un culto á personalidade do tipo que sexa que os fai poñerse enfermos, chiar, chorar sen consolo e quén sabe qué máis. Moitas veces, o obxecto de adoración non é humano: pode ser Tintín, a tumba de Lady Di, ou mesmo Michael Jackson.
Penso que moita xente estará familiarizada co argumento de Misery, novela de Stephen King levada ao cine, con Kathy Bates facendo de enfermeira tola que retén pola forza ao seu escritor favorito para que lle escriba unha novela á carta da súa idolatrada Misery. Pois ben, últimamente anda polos foros dunha escritora un suceso que ten conexións con este tema.
Elizabeth George é unha escritora americana de novelas de misterio de moita sona, que basea o seu éxito nunha serie con cinco ou seis personaxes fixos. Parece que na última novela se lle ocurriu matar a un deles...
Algunhas respostas dos "fans" no foro da súa páxina deixan a unha abraiada. Acúsana de crueldade cos seus lectores, fan comentarios como "¿qué outra reacción pode haber máis ca rabia e enfado?", chegan a dicir que a súa obriga é facer felices aos seus lectores e ordean que cambie o final en sucesivas edicións.
Non quero imaxinar qué ía ocorrer se chega a matar ao personaxe principal...
Algunhas mensaxes que lin parecen indicar que hai un número de lectores que sinten tal identificación cos personaxes da serie que non os distinguen, á hora de concretar o que "sinten" por eles, da xente real do seu entorno... Falan de que "aman" a Tommy, aman a Helen, aman a Barbara, ou detestan á nai de Tommy, como se os coñeceran en realidade.
A historia é a comidilla dos
foros de misterio e está por ver como vai afectar ás ventas do libro. Non creo que lle vaia mal: din que non hai publicidade mala. Pero se eu fose Elizabeth George, coidaría da miña seguridade, non hai máis que lembrar o que lle aconteceu a Lennon.

quarta-feira, junho 08, 2005

Se queredes emocións

Pasade pola Regueifa e veredes en que cousa se convirte o voso cursor... Menos mal que non é permanente o efecto.

terça-feira, junho 07, 2005

Un morto é máis galego/a ca min...

Ou, polo menos, ten algún dereito máis como galego/a: o dereito ao voto. Morro de vergoña e de noxo ao ler esta noticia que sae na Voz de hoxe, e que debería ser portada de tódolos xornais:
La Santa Compaña de la emigración todavía participa en las elecciones gallegas. Hermesinda Dapia Feijoo emitió ayer desde Buenos Aires su voto para las elecciones gallegas del próximo 19 de junio a pesar de que ella falleció en la capital argentina el 24 de marzo del año pasado. Su nieta Patricia Laura Martínez Querido realizó el envío desde una oficina de Correos, en presencia del corresponsal de La Voz de Galicia, a fin de demostrar los fallos de un sistema que afecta a los 305.017 gallegos residentes en el extranjero, un 11% del censo. El voto de Hermesinda Dapia, que fue emitido en blanco, no entrará en la urna de la Junta Electoral Provincial de Ourense cuando, a partir del 27 de junio próximo se inicie el escrutinio, porque su nieta Patricia Laura incluyó en el sobre principal, acompañando a la inscripción censal, el certificado de defunción de su abuela.
Aquí está a ligazón enteira. Xulguen vostedes mesmos, que a min acabanme de amargar un pouco o día.
Non adoito a "facer campaña" desde aquí, pero... hoxe vou facer un pedido un pouco fora da miña liña: vaian votar, por favor. E vaian botalos...

segunda-feira, junho 06, 2005

Finde portugués

Temos a intención de pasar a próxima fin de semana en Portugal. Dudamos entre Estoril, Setúbal e Sines. ¿Algunha suxerencia?

domingo, junho 05, 2005

Foi nena...

Agora xa podes pechar a billa ¿non?
A ver onde imos colocar a todos eses netísimos, que o Comité Olímpico non vai dar para tanto...

Nedstatbasic

Grazas a este programiña descubrin non só que Akin tiña una versión galega con diferentes contidos do seu blog, da que engado ligazón, senon que empezara unha mensaxe con unha ligazón a este blog. Ruborízome. O blog de Akin en castelán encántame. Que me cite nun dos seus blogs é... puff, como se Brad Pitt se quedara a mirarme o canalillo... Ademáis, paréceme que ten unha "correa" tremenda con unha serie de comentaristas que ten alí aloxados.
Fareime seguidora da versión galega, que leva de título unha palabra que me gusta: Esbardalladas.

Medios non axeitados

O outro día cheguei de casualidade a un blog peculiar. Hai varios participantes que, segundo entendín, estaban todos eles facendo as prácticas de Periodismo (creo que debían ser de 3º, xa que comentaban que só lles quedaba un ano para rematar). Cada un escribía na lingua que lle petaba e algún dos participantes alternaba o galego e o castelán. Pero o que máis me chamou a atención é que non era un blog: era un foro que usaba como medio técnico un soporte de Blogspot.
E diredes algúns ¿e qué máis ten? Pois o conto é que, entre outras cousas, poñen verdes a profes seus que non terían máis que buscarse en google para topar ese comentarios, eles son perfectamente identificables (non é moi difícil chamar a TeleRibadumia, se existise, e preguntar quén fixo as prácticas alí o verán pasado) e nese medio público, falan constantemente de que poñen as mensaxes dende o traballo. Falan de pasada, por exemplo, con nome e apelido, dun ilustre blogomilleiro...
Todos este problemas se evitarían se tiveran artellado como medio de comunicación un foro privado (hainos gratuitos por aí... de google, por exemplo), que non deixa pegada e que só admite visitantes do grupo.
Son rapaces novos e, seguramente, iso os fai imprudentes... Pero non lles viría mal un pouco de dominio da Internet, as súas posibilidades e os seus riscos de cara ao exercicio da profesión que van a desenvolver dentro de nada.
Veremos se este verán siguen a darlle ao teclado, pode ser divertido.

quarta-feira, junho 01, 2005

Donos do seu silenzo

Por fin sabemos quén é Garganta Profunda e o certo é que este asunto me espertaba máis curiosidade que o misterio de Fátima ou se imos manter un Pelayo ou unha Covadonga...
Os meus eloxios van para o
Washington Post, que deu un exemplo de ética ao aguantar tanto tempo sen revelar a súa fonte. Incluso cando xa non corría perigo ningún. As miñas simpatías van moita máis para o xornal que para o suposto heroe (que non o é de ningún xeito, senon unha versión da máxima maquiávelica de que o obxectivo xustifica os medios"... Sufocar a natural tendencia ao chinchorreo que todos temos (e que sempre crin particularmente desenvolvida nos xornalistas) durante trinta anos debe ter sido duro.
E a putada de que lles reventase a necrolóxica (dábase por feito de que o Post o ía a sacar á luz por este medio cando Garganta Profunda morrese) para facer una entrevista a todo colorín no
Vanity Fair...

Holanda di que tampouco

Parece que os holandeses dixeron tamén que non. Levo uns días pensando na covardía que me levou a absterme no referendo da Constitución europea, froito dunha dicotomía que creo que afectou a máis xente que a min: son pro-Europa pero non pro-esa-Europa-da-Constitución-esa...
Parece que franceses e holandeses son un pouco menos covardes ca min. Por sorte.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?