segunda-feira, junho 13, 2005

A ídola

A fin de semana portuguesa transcurriu con máis amigos "exiliados". Andaban impacientes porque tiñan aínda que ir votar. Falamos moito do que os catro queriamos que pasara. Eles tiñan, nalgúns aspectos, máis información ca nós. Só reciben dúas cadenas estatais (TVE1 e TVG) así que estes días ven moito a Galega, a ver que se coce... Eu non a poño nin de casualidade. E as noticias menos.
A nosa amiga B. comentaba, con moita retranca, que se se chega a presentar a Sra. Porro de candidata, tería a obriga de votala. Tódolos días ve unha edición de noticias que fala das comarcas e, casualmente, cádralle moito ver a de Vigo. Tódolos días sae Mme. Porro inaugurando algo; é tan sinxela e humilde que non lle importa inaugurar calquera cousa: o mesmo lle presta un centro de saúde que un banco que puxeron no parque. Decía B. que agardaba vela un día inaugurando unha flor... o único que lle quedaba por experimentar.
Opinions: Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?