segunda-feira, junho 20, 2005

Galeguidade

A noite de onte foi de reunión na nosa casa: tres pontevedreses, un ourensán, un coruñés e un extremeño (pobre, o que fai vir seguindo a churri). Dos galegos alí reunidos, dous pasaron os primeiros anos en países de Latinoamérica. Os cinco vivimos e traballamos fóra de Galicia. A primeira hora foi alegre e exultante: a tortilla estaba boa, o viño excelente, non sentiamos calor e todo era alegría.
De aí en diante comezaron mudar as facianas e as miradas suspicaces acaían sobre o ourensán... En Ourense nunca cambia nada, dicía él. O extremeño trataba de animar e preguntaba se eramos do benejé e trataba de terciar dicindo que eles tamén levaban moitos anos con Ibarra...
Só un dos cinco galegos que alí estabamos votou: tres perdemos o dereito ao voto en Galiza ao empadroarnos no lugar de residencia, e a unha pasoulle o prazo do voto por correo (esa sentou no chan onte a noite, castigada). Xa non somos galegos, ainda que a que máis tempo leva fora (eu) acaba de facer 6 anos na emigración e todos queremos voltar o antes posible.
Alguén tería que reflexionar sobre isto.
Opinions:
connecticut en boas mans. A galiza exterior en este cantinho di que vai ser desta. Ainda que estou francamente triste polo resultado tan mediocre.A provincia cacharriense e a baltariense podian ficar como un xigantesco parque tematico das redes rurais ao estilo camorra italiana ainda que sen pistolas. todo isto en resume non vai de politica senon mais ben de antropoloxia ou bioloxia. O fin da cultura rural coincidira co repunte dos resultados nacionalistas.
 
Ogallá teñas razón na predicción! Moi boa a analise e o do parque temático... habería que pensalo: igual daba traballo a moita xente ;-)
Fixescheme sorrir.
Unha aperta.
 
Sospeito que mentres no DNI a nacionalidade figure coma española, e non se reconheza o lugar de nacemento coma nazón (ainda que sexa pequerrechinha... sem muitos dereitos extraordinários), o problema do padrón vai estar sempre aí. Non somos galegos, non, pensamos que sí pero non... para o Estado só somos españois... Iso si, se levásemos trinta anos en Baires habiamos ser os mais galegos do mundo, mais ca un compostelán, por exemplo.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?