terça-feira, março 29, 2005

Brincadeira

Atopo por aí adiante, atraída polo título da páxina que retoma teimas da adolescencia esta brincadeira que non podo resistirme a facer:
Consiste en contestar a unha tanda de preguntas persoais con títulos de cancións dunha banda/cantante que elixa un.
As preguntas son fixas. A banda que elixo é El Último de la Fila.
-Eres home ou muller: Querida Milagros
-Describete: Ya no danzo al son de los tambores
-Qué pensa a xente de ti: El loco de la calle
-Qué pensas de ti mesmo/a: Soy un accidente
-Describe ó teu ex: Sucedió en la antigüedad
-Describe á túa actual parella: Como la cabeza al sombrero
-Di ónde queres estar: Lejos de las leyes de los hombres
-Di o que queres ser: Dulces sueños
-Conta cómo vives: Del templo a la taberna
-Conta cómo amas: Llanto de Pasión
-Unha frase sabia: Cuando la pobreza entra por la puerta, el amor salta por la ventana
Fixen algo de trampa, porque busquei un grupo con letras o suficientemente complexas como para dar xogo. Algunha das definición me fixo rir, a priori non pensaba que puidera ser tan axustada.

sexta-feira, março 18, 2005

Seguindo os pasos dos autores favoritos

Mañá mesmo saímos cara ó escenario das Crónicas Prusianas. Levo anotadas un par de pistas-lugares que lin nese blog que tanto me gusta e tratarei de topalas. Xa que non parece fácil ir a Macondo, pode valer...
O mércores toca a volta a Galiza, así que o blog quedará pechado, salvo que algúen deixe un ordenador cerca e caia na tentación de actualizar.
Que teñan vostedes boas vacacións.

Equívocos

Relendo a mensaxe anterior... case parece, con tanto traballar e mailos exercicios expirituais, case parece que son da Obra . E menos mal que non falei de que no pobo da foto estaban ensaiando para a tamborrada...

Traballismo e lecer: xuntos pero non revoltos

Toda a semana sen tempo para o blog nin para nada... traballando mañá e tarde, son a vergoña do gremio. Bueno, eu e a outra compañeira que quedou tamén, claro. Agora ven o descanso que, por unha vez, será merecido.
Dos "exercicios espirituais" de Murcia, ¿qué contar? Que é un dos lugares máis raros nos que teña estado, esa terra branca, branca que parece cal e que resulta ser, por algún prodixio, tan fértil. Semella mesmamente unha paisaxe lunar. Polo demáis, moitas risas, moi boa xente, moita carallada e xa andamos a pensar noutra, que probablemente cadre polo Leste tamén.
O sábado houbo paseo pola marxe dun río e despois visita a este povo, que resultou curioso e que probou que ningunha das doce persoas que formabamos o grupo tiña nin o máis mínimo sentido da orientación. A foto, é do Radical, a de máis arriba, miña.

sábado, março 12, 2005

Un bico para meu pai

Facendo trampa, xa que non vou estar na casa o sábado, cambio a data para desexarlle o mellor do mellor a meu pai no seu cumple.
Naceu xusto cando a Guerra Civil remataba e tocoulle comezar a vivir nuns anos de fame, miseria e abusos. Por sorte, contou coa axuda dunha familia con ningúns cartos, pero con moreas de amor. Buscou polo mundo, coma tantos, unha vida mellor ca que lle ofertaba o Réxime... e acabou formando unha familia ben linda, coa imprescindible colaboración da miña nai. Primeiro foron dous, despois fomos catro e agora xa oito. Seica somos unha familia de números pares.
Non sei se asomará por aquí e lerá isto, pero tiña ganas de adicarlle unhas palabras.
Bicos para Jesús e para toda a familia.

sexta-feira, março 11, 2005

Tirando para Murcia

Co deber semi-cumprido (por fin saíron as notas e non estuvo mal a colleita para o que se sementou), tiramos mañá para Murcia, a unha especie de exercicios "espirituais" lúdicos que organiza unha amiga na súa casa. Hai moitos anos que non piso esa provincia, dende nena. Á volta contarei cousas e seguro que haberá algunha foto bonita de ver.

terça-feira, março 08, 2005

Vilalba's crash?

Recordo que hai anos andabamos sempre a enredar coa idea de que tres dos homes máis poderosos (ou representativamente poderosos) de Galiza eran da misma vila.
Un
deles perdeu o cargo hai un par de anos. Hoxe mesmo, outro tivo un crash inesperado.
Seica as accións de Vilalba cotizan á baixa...
e o último que queda parece un chisco preocupado.
A verdade é que me importa moi pouco o que faga a igrexa católica cos seus mandamases... pero se para él é mala nova, teño a intuición de que para min ha de ser boa :)

CRASH

sexta-feira, março 04, 2005

Xornalismo e (in)sensibilidade

Na Voz de hoxe leo abraiada este titular: "Un payaso denuncia por violación al trapecista del circo", e xusto enriba desto, en maiusculas, o comentario da nova "MAL ROLLO BAJO LA CARPA".
Descoñezo os atrancos dos profesionais do xornalismo para darlle un xiro interesante ás novas... pero tratar un delicto tan grave e traumático coma a violación con esa ausencia absoluta de respecto pola víctima é noxento.
Por razóns laborais, estou afeita ó chamado "humor forense": de todos é coñecido que cando se traballa con determinadas situacións críticas, téndese a practicar un humor que da a necesaria distancia para non inutilizarse profesionalmente. E, aínda así, non lembro moitos comentarios tan pouco axeitados e insensibles.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?