sábado, junho 18, 2005

Se non me gustas... ¿serás moro?

O outro día unha "clienta" marchou do choio berrándolle a un dos meus compañeiros; en principio, dicía "vayase usted a trabajar a su tierra", o que nos fixo pensar a todos cómo demos sabía que o increpado era de Ciudad Real, se leva vivindo en Extremadura máis de vinte anos e non ten ningún sotaque especial. A segunda frase aclarounolo todo; houbo unha lixeira variación no berro, que pasou a "vayase usted a su país, que aquí no queremos marroquís"...
E o que ten ser morenazo e estar un pouco xordo (seguramente a individua pensou que non a entendía ben porque non coñecía a lingua...): que calquera tont@ pode pensar que atopou un motivo de aldraxe fácil.
Por sorte, neste caso, só provocou risa... Ogallá que esta e outros desgrazados coma ela, sigan a trabucar tanto o obxectivo ao que tiran. Cando acertan, xa non é de risa.
Opinions:
Gostei inmenso do teu blog. Escrevoche dende connecticut, (usa) estaba a procura de algunha ultima informacion sobre as elecions cando encontrei ese fabuloso comentario que ti fas sobre os preconceitos encol da emigracion. Eu lembrei o comentario que me fixo un coitado que vivia nuha casa que estaba a cair pero que tinha unha bandeira das barras e estrelas enorme; xa que non podo ser rico polo menos sou dos estates. Por certo lein todos os de lodge e tamben todos os de graham swift. unha aperta dende Mystic (ct)
 
Moitas grazas polo comentario. Moi interesante a historia do pobre home. ¡Cántas veces se agochan as miserias dun país, facendo que os seus nacionais se crean superiores aos que veñen de fóra!
Por certo... o Mystic onde vives ¿é o mesmo da peli de Julia Roberts, Mystic Pizza?
E alegrome que coincidamos en gustos literarios.
Unha aperta.
 
Estou sorprendido coa tua cultura cinematografica. E certo o de Mystic pizza, de feito existe unha pizzeria que se chama asi e que todos os fins de semana enchese de fans da actriz . Pero o que non deben saber e que a pelicula foi rodada en stonington a vila vecinha, onde existiu unha gran comunidade de pescadores azorianos dende o seculo XIX. queria saber que foi o que che gustou do pais del agua.
 
Do libro de Swift houbo algo que me tocou moito: o concepto da Historia que o protagonista manexa nas súas leccións, o intento de formar unha personalidade receptiva nos seus alumnos, xa que vía que non era capaz de interesalos seguindo métodos tradicionais. Tamén me moveu moito cómo trataba de non afogar no medio da desfeita na que se convertira a súa vida.
Literariamente, o dominio da linguaxe paréceme impecable, ainda coa salvedade de que non o lin en inglés, así que a opinión é parcial, coma en toda traducción... e ainda outra cousa máis: o engarce perfecto entre historias diversas, incluso introducindo datos históricos, xeográficos e de todo tipo.
O escenario xeográfico é absolutamente perfecto para o tema escollido: eses pantanos parecen o caldo perfecto para cocer historias de incesto, sexualidade precoz, embriaguez...
En fin, adoro ese libro :)
Unha aperta.
P.D.: ¿Tes blog?
 
creo que polo qe me contas tmen gostaairas de john cheever un bo contador de historias moi new england e tamen de Julian barnes un escritor ingles intelixente e sobrio no seu estilo.tamne posiblemte gostarias de john irving , as suas novelas tenhen muito de dickens como swift.o mundo segun garp ou aracion por owen .
 
A John Cheever non o coñezo, pero investigarei :). De Barnes teño leído un par de libros, e Talking it over me gustou moito. Tamén John Irving está entre os autores que sigo, aínda que non leín a oración por Owen, sí "El mundo según Garp", "Una mujer dífícil", "Príncipes de Maine, Reyes de Nueva Inglaterra"...
Investigarei se Cheever está publicado por aquí, teño idea de que sí, pero non estou certa.
Grazas ;-)
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?