domingo, junho 05, 2005

Nedstatbasic

Grazas a este programiña descubrin non só que Akin tiña una versión galega con diferentes contidos do seu blog, da que engado ligazón, senon que empezara unha mensaxe con unha ligazón a este blog. Ruborízome. O blog de Akin en castelán encántame. Que me cite nun dos seus blogs é... puff, como se Brad Pitt se quedara a mirarme o canalillo... Ademáis, paréceme que ten unha "correa" tremenda con unha serie de comentaristas que ten alí aloxados.
Fareime seguidora da versión galega, que leva de título unha palabra que me gusta: Esbardalladas.
Opinions:
Carai, non é para tanto, só che dou a razón nunca cousa, os comentaristas do meu blog son de primeira categoría.

Polo demáis o meu blog en castelán é normaliño, e o que teño en galego está prácticamente abandoado, se estou a meter cousas alí agora e por pura vergoña de non deixalo valeiro de todo.

Ademáis, eu son incondicional do teu blog dende hai tempo, que o saibas. Que non deixe comentarios habitualmente é porque leo moitos blogs e non me da tempo a comentar case ningún, pero non me perdo nin unha soa historia.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?