domingo, julho 17, 2005

Peche temporal

Como advertía hai pouco, marcho de vacacións...
Quizáis un día escriba desde algún ciber, ou poida que lle roube conexión a alguén da familia. O que sí é seguro e que se alguén quere atoparme nestes próximos días, vai a ter que virme buscar aquí...
Despois, andarei pola Galiza e seguro que o tempo vai pasar voando, voando.
Un saúdo para todos os que ledes esto a cotío e tamén para os que entran aquí de casualidade. Que gocedes moito este verán. Un bico.

quinta-feira, julho 14, 2005

Hai cousas que non deben cambiar

Unha delas, ese indescriptible xornal de Santiago... Hoxe, o meu Radical chegou a unha desas delirantes xoias que este tesouro do freakismo agocha entre as súas páxinas. Na sección de vodas... Concretamente, a esta da que falo asistiron, entre outros:
Entre los que acudieron al enlace de Mariluz López y Antonio de Cora estuvieron los conselleiros en funciones José Manuel Barreiro, Xesús Palmou, Jesús Pérez Varela, José Antonio Orza, Celso Currás, Pilar Rojo y Jaime Pita, con otros dirigentes políticos como José María García Leira, Francisco Cacharro, Rafael Louzán, López Orozco, Fernández Lores, Luis Rego o Ana Pastor. El mundo empresarial estuvo presente con directivos bancarios como Mauro Varela, José Luis Méndez, Julio Fernández Gayoso y Joaquín Arias, a los se que sumaron Manuel Fernández de Sousa, Roberto Tojeiro, Julio Fernández, Luis Fernández, Raúl López, Honorato López Isla y Luis Carrera Pásaro.
Tamén asistiu o meu odiado particular. Pero ¡ai pobriño! ¡Non lle poñen o nome na crónica! ¿Non o considerarán importante dabondo? Non hai dereito, co ben que se colocou para sair en máis fotos que a nai da noiva...
En fin, para que vexan que non esaxero, hai vai unha foto do irmán do noivo (o primeiro pola esquerda), que iba como para asistir á festa de despedida de Crónicas Marcianas...
¡Longa vida ao Correo! ¿Cómo nos íamos enterar destas cousas senon?

quarta-feira, julho 13, 2005

Non durmo ben por...

Estou a piques de poñer un "pechado por descanso do persoal" coma unha casa de grande e nótase: a fin de semana pasada foi o primeiro round, as pre-vacacións que me fixeron dar un chimpo ata Galiza a recargar baterias con pulpo, marisco, familia e amigos. Todo estupendamente, coma sempre. Non puidemos achegarnos ata a Festa dos Callos de Mosteiro... unha mágoa, teño moi boas lembranzas desa festa. Outro ano será.
Agora mesmo hai dúas cousas que me quitan o sono: a primeira que aquí, no inferno, vai moita calor, xa se sabe. A segunda ten nome de muller e forma de tormenta tropical: chámase Emily e semella que non ten planeado amolarnos a viaxe, pois anda bastante ao sul de onde imos... Xa son unha experta en páxinas de metereoloxía. Veremos que ocorre de aquí ao domingo.

terça-feira, julho 05, 2005

Berlusconi, facendo amigos no norte


Un dos políticos máis noxentos que andan por aí é Berlusconi. Non sei por qué non se fala máis polo miudo del, por qué non lle fan unha boa investigación que deixe ver todo o que leva detrás. Quizáis sexa porque Bush jr. deixou a listón demasiaaado alto...
Hoxe entereime de que este gañán (digo galán...) andivo facendo amigos en Finlandia. Parece que, presentando a Axencia Europea para a seguridade alimentaria, ocorreuselle dicir que conseguira que a localizaran en Parma, grazas ás súas dotes de play-boy coa presidenta finlandesa. Digo eu, ¿ese home miraríase ao espello nos últimos 20 anos? ¿descoñece o feito de que un presidente dun país merece un respecto institucional, mesmo que sexa unha muller (xa supoño que ao resto de nós non as respeta, por suposto)? Resultado: Finlandia enteira está ofendida polo trato dispensado. O caro que sae ás veces practicar o humor das españoladas de Landa, Esteso e Pajares.

sábado, julho 02, 2005

Blogspot xa permite as fotos



Menos mal, porque non me funcionaba o Hello... Inauguro poñendo as do que puido ser e non foi: o espectáculo da Fura. Se o meu amigo TKA arranxa o problema do desmesurado espazo antes do texto da primeira mensaxe, descartarei a mudanza e quedarei aquí en Blogspot. Xa bastante teño con mudar de cidade cada tres/catro anos...

Non hai entradas...

Sempre chegando tarde. Para unha vez que veñen por aquí La fura dels Baus, e ainda por riba de estreno mundial do espectáculo, chego a enterarme cando xa non quedan entradas. Foi ata ZP, aproveitando que o venres facían aquí o Consello de Ministros. Despistoume o de Prometeo: hai dous anos puxeran no Festival unha adaptación do mito cun resultado bastante criticado... Para colmo, a fin de semana que ven poñen Norma. E unha de dúas: ou quedo a mirar Norma, ou vou a Galiza. Levo dous meses sin ir para aló, así que Norma vai ter que agardar un anaco...
O peor de todo é que me encanta Bellini.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?