Correo
Ligazóns a outros blogs
- A canción do náufrago
- Alfaias
- A Lareira
- A Picara de Allegue
- Apunta para non esquecer
- Aranheira
- Al Calor de la Lumbre
- A Regueifa
- As Crónicas Prusianas
- As túas balas
- Beliscos Pequenos
- Bretemas
- Cabaseira
- Capitulo 0
- Casatlantica
- Cenicienta Proletaria
- Colineta
- Costa dos Arrieiros
- Cousas de Imeneo
- Cousas deste Tempo
- Delirios
- Desbarradas de Akin
- Dias estranhos
- El Casino
- Endurance
- eueoseeuu
- Facendome o Sueco
- Falabarato
- Fíos Invisibles
- Futuro en Ruinas
- Gradicela
- Haicu
- Mi vida como un chino
- Modesto
- Naraio Nazón
- Nemeth
- Noites de lúa neghra
- O Blog dos Pelachos
- O Enigma Albixoi
- O Ollo da Vaca
- Opaco
- O Pitiño
- O Quilombo
- Orballo
- O Reverso
- Os tempos que corren
- Paparruchas
- Polvo á Feira
- Predicando en el Desierto
- Rabudo
- Rei de Copas
- Si Home Si
- Tardes Xeadas
- Trosma
Xa van alá...
quinta-feira, dezembro 22, 2005
Gostei deste Gordo!
Hoxe quixo a sorte que o número que xogabamos no traballo resultase ter as súas tres últimas cifras igualiñas que as do Gordo. Á fin, coma sempre, seguimos no mesmo, porque resulta que dá igual que sexan dúas ou tres as cifras que coinciden e só quedamos con 120 euros por décimo. Ainda así, como somos uns "desgraciaos" que se conforman con calquera pequena alegría, meus colegas foron mercar cava (catalán) e todo, e alá brindamos porque nos siga indo a vida así de mediocremente ben. Ademáis diso, teño a sensación de que o Deus da Conferencia Episcopal debeulles dar un tirón de ourellas aos do boicot, porque, en vez de apoiar o boicot dos seus servos, agraciou a Catalunya con dous premios dos grandes case en exclusiva. Claro que a explicación é de sabedoría popular: os cartos chaman aos cartos, pero sempre os moitos aos poucos...
Unha aperta para todos e boas festas, se é que as celebrades. Senon, ainda así recordade: "carpe diem".
segunda-feira, dezembro 19, 2005
Feeling blue
Levo un par de días un pouco tristeira. O sábado pola noite saimos tomar un café con uns amigos e, ao abrir a porta do carro, andaba por alí un canciño solto. Era moi pequeno como para que alguén o deixara saír só, un cachorriño de mes e pico, dous meses como moito. Achegueime a él e acariñeille a cabeciña. Ao principio desconfiaba, pero despois foise achegando e movía o rabo. O Radical chamaba por min e marchamos. Viu correndo atrás do carro un anaco. Pola noite soñei co canciño e espertei un pouco ansiosa. Chegou o Radical de facer deporte e lle contei o soño. Díxome que o voltara a ver por alí pola mañá. Discutimos sobre a conveniencia de adoptalo: os seus argumentos en contra eran razoables, lóxicos... pero eu cada vez estaba máis triste. Ainda que fai un frío que pela, dende entón asomo cada par de horas á porta da casa a ver se o vexo pola rúa. Sempre gostei dos animais, dende pequena. Agora, sen embargo, pensaba que tiña claro que non quería ter un. E sigo estando certa de que non vou ir mercar un. Pero se volta a aparecer este pola porta, non sei o que faría. Poida que sexa a idade, que anda o reloxio biolóxico en alerta fucsia, ou quén sabe qué. Pero ainda non sei se prefiro que volte ou que non.
sábado, dezembro 17, 2005
Dieta

quinta-feira, dezembro 15, 2005
Si señora...
Hoxe, ao comprobar as visitas do meu blog case caio da cadeira: case o triple do habitual. Abraiada, entrei a comprobar de ónde viña tanta circulación... Foi doado seguir a pista: moitísimas viñan do blog de Todonada, pois onte á súa autora deulle por citar o meu post. Ningunha dúbida sobre que é unha auténtica creadora de tendencias. Pola parte que me toca, agradezollo, María. Por certo... canta xente da Xunta le o seu blog.
quarta-feira, dezembro 14, 2005
Se eu dera premios de fin de ano...
O premio ao mellor post nun blog estaba adxudicado xa sen dúbida ningunha. O responsable do blog O ollo da vaca sería o gañador absolutísimo por esta mensaxe... Compartiría o premio cos dos comentarios, que son absolutamente xeniais tamén.
E ainda máis...
Engado duás novas ligazóns, Cenicienta Proletaria, porque a primeira vez que caín polo seu blog conseguiu emocionarme coa súa mensaxe e Alfaias, porque hai moito que o leo con gusto clicando a través dos blogs de outros.
Cousas do Sul: capillitas

Vivín unha tempada en Cai, e alí coñecín (de lonxe) unha caste de xente coa que non tivera relación antes: os capillitas. Coñezo en Galicia xente relixiosa, tanto dos da guitarrita, como dos beatos meapilas, pero non creo que polo norte haxa cousa igual. Os capillitas do Sul estanche toliños pola Semana Santa e levan a súa devoción ao extremo de pasar horas falando de cómo érgueron a Virxe de non-sei-cantos no ano 1998 ou emocionarse porque esta Semana Santa a súa confradía estrea manto novo para a imaxe procesional. Curiosamente, dende hai un mes máis ou menos, temos xefe novo, sevillano para máis señas. Dende o primeiro día, unha das miñas compañeiras, que tamén tivo estancia andaluza pronosticou: "este tiene pinta de capillita". Efectivamente, ao ser debidamente sonsacado confesou que procesionaba co Cristo de non-sei-onde e máis era confrade de una das once mil virxes. Parecía devoto o rapaz... Onte comentou que era agnóstico. ¿Un agnóstico pasando horas nunha igrexa por diversión?
Cousas do sul...
terça-feira, dezembro 13, 2005
Anonimato, at last
Naqueles tempos antes da minienfermidade andei a meterlles o medo no corpo con que ía falar do anonimato. Pois ben, os tempos son chegados así que imos aló. Comentan algúns popes dende os seus púlpitos de papel de xornal que isto dos blogs ven sendo unha especie de refuxio de difamadores agachados nesa agora parece que tremenda palabra: ANONIMATO.
Non creo que Fernán Vello sexa tan duro co descoñecido autor do Lazarillo de Tormes, pero, claro, ese non ten a máis mínima posibilidade de comentar os seus libros, todo hai que dicilo.
Por suposto, haberá xente que se agoche no anonimato para por verde ao próximo, moi probablemente dicindo cousas que non diría se as tivera que asinar ou mesmo se se botara á cara ao seu interlocutor. Pero eses casos contados, que máis ben adoitan a darse nos comentarios que no propio texto dos blogs, e que tenden a aparecer sobre todo nos blogs de "famosos", non parecen razón dabondo para falar de "un sospeitoso anonimato que di moito da psicoloxía persoal dos expositores e debatentes".
Quizáis o sospeitoso anonimato sexa menos sospeitoso se un se para a pensar un par de segundos: non todos os que escribimos blogs vivimos de escribir. Para un xornalista, para un escritor, ter un blog pode ser un punto extra no curriculum. Para outras profesións é indiferente. Para outras poucas pode ser realmente incómodo.
Por outra banda, ás veces o concepto do anonimato é esvaradizo: case ningún dos que seguides este blog sabedes o meu nome, pero tampouco engadiría nada a este blog sabelo. Nese aspecto, é un blog anónimo. Mais este blog o len meus pais, meu irmán e o meu Radical. Non sei canto lle importa ao Sr. Fernán Vello o que pensan os seus lectores do que el escribe, supoño que moito... Pero eu non podo pensar en opinións que me importen máis que as desas persoas que sí saben cómo me chamo, onde vivo e de quén veño sendo.
domingo, dezembro 11, 2005
Control mental

Tiña pensado escribir sobre o anonimato e tal, pero como o de enriba tomou o control da miña vida, vai ser mellor deixalo para outro momento.
quinta-feira, dezembro 08, 2005
En Portugal, tamén

quarta-feira, dezembro 07, 2005
Farinha

Falando doutro tema, non estaría mal que un (unha neste caso) xornalista que escribe sobre xuices coñecese a diferencia entre un Xuíz de Primeira Instancia e un Xuíz de Instrucción...
quinta-feira, dezembro 01, 2005
Premio Cervantes para Pitol...

"Aquel edificio de muros gangrenados, el Minerva, no era ni la sombra del que había conocido. Le faltaba pintura, carecía de dignidad; su excentricidad se mezclaba con la miseria, categorías que juntas jamás funcionan bien. Algunas partes le recordaban más una vivienda popular colectiva que los recintos originalmente construidos para inquilinos elegantes. Aún así, no se le podía negar su encanto."
Mala herba...
Só espero que non lles rompera o dedo moumiño, non vaia a ser que non poidan erguelo para tomar o té como fai a xente fina...