quinta-feira, dezembro 22, 2005

Gostei deste Gordo!

Hoxe quixo a sorte que o número que xogabamos no traballo resultase ter as súas tres últimas cifras igualiñas que as do Gordo. Á fin, coma sempre, seguimos no mesmo, porque resulta que dá igual que sexan dúas ou tres as cifras que coinciden e só quedamos con 120 euros por décimo. Ainda así, como somos uns "desgraciaos" que se conforman con calquera pequena alegría, meus colegas foron mercar cava (catalán) e todo, e alá brindamos porque nos siga indo a vida así de mediocremente ben. Ademáis diso, teño a sensación de que o Deus da Conferencia Episcopal debeulles dar un tirón de ourellas aos do boicot, porque, en vez de apoiar o boicot dos seus servos, agraciou a Catalunya con dous premios dos grandes case en exclusiva. Claro que a explicación é de sabedoría popular: os cartos chaman aos cartos, pero sempre os moitos aos poucos...
Unha aperta para todos e boas festas, se é que as celebrades. Senon, ainda así recordade: "carpe diem".
Opinions:
PARABENS!!! polo premio, festexaoi...
BeiJoS e ApErTaS de Nadal
 
Boas festas !!!
Moitos bicos para ti y para el Radi.

Maca
 
¡Felicidades por el premio!
Es una buena manera de ir acabando el año, ¿no?
Carpe diem entonces.
Apertas.
 
noraboa polo premio. é pequeno consolo (pero consolo, ao cabo) que a alguén do país lle toque algo nesta lotaría tan oriental.
 
Nunca merquei lotería de nadal, nembargantes se cadra son a única persoa que coñezades que sabe o que é tocarlle o gordo de nadal, fai dous anos cando tocou en Rianxo un cliente regalárame unha participación de 3 euros... e de golpe 30.000, entereime ó día seguinte. Quedaste uns días fregando nos ollos e sin saber que facer con aquela participación amarela. Imaxinádevos esa xente que lle toca un millón ou máis, a min eso mandaríame á cama.

Linda (os teus post así o indican) que pases un nadal cheo de sorrisos. Biquiños
 
Noraboa, e unha ledicia que che tocara a lotaría, e un decir, espero que compartas as ganancias coa familia. Bicos.
filladorozas.
 
Noraboa, e unha ledicia que che tocara a lotaría, e un decir, espero que compartas as ganancias coa familia. Bicos.
filladorozas.
 
Parabens!!! é como dis, os cartos chaman aos cartos pero cando son poucos, sempre da tu, tu, tu, tu. Apertas de Nadal!!
 
Bicos para todos e que o pasedes ben.
Seguro que, dalgún xeito, a todos nos toca un pouco o Gordo tódolos días.
 
Que pases un bon nadal. A min só me tocou pagar (teño que mirar polo miúdo, pero xa estou mentalizado). Un brinde con cava catalán dende un nadal con cava castelán (cousas dunha familia resesa)...

Nemeth
 
En Silleda tamén tocou o gordo. Un porquiño gordiño nunha rifa desas de sorteos que se fan paralelos a loteria. Un señor que tiña tódolos numeros do GoRDo e que rematou consolandose co tópico de sempre " o que de verdade importa é ter saude"
Hai CaDa uN...
 
Sempre e bo que toque cobrar e non pagar.
Desfruta da boa companha e a pasalo ben que son dous dias.
Feliz 2006.
 
Efectivamente: son "dous" días... e xa remataron. Agora toca porse en marcha outra vez.
Unha aperta para todos.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?