quarta-feira, dezembro 14, 2005

Cousas do Sul: capillitas


Vivín unha tempada en Cai, e alí coñecín (de lonxe) unha caste de xente coa que non tivera relación antes: os capillitas. Coñezo en Galicia xente relixiosa, tanto dos da guitarrita, como dos beatos meapilas, pero non creo que polo norte haxa cousa igual. Os capillitas do Sul estanche toliños pola Semana Santa e levan a súa devoción ao extremo de pasar horas falando de cómo érgueron a Virxe de non-sei-cantos no ano 1998 ou emocionarse porque esta Semana Santa a súa confradía estrea manto novo para a imaxe procesional. Curiosamente, dende hai un mes máis ou menos, temos xefe novo, sevillano para máis señas. Dende o primeiro día, unha das miñas compañeiras, que tamén tivo estancia andaluza pronosticou: "este tiene pinta de capillita". Efectivamente, ao ser debidamente sonsacado confesou que procesionaba co Cristo de non-sei-onde e máis era confrade de una das once mil virxes. Parecía devoto o rapaz... Onte comentou que era agnóstico. ¿Un agnóstico pasando horas nunha igrexa por diversión?
Cousas do sul...
Opinions:
Hai xente que non o ten claro en toda a sua vida e eu penso que iso e unha proba de madureza. Cantas veces dubidamos ?. Dubidamos, matinamos, viramos de opinion...logo existimos.
Saudos, seudoanonima.
 
Un pouco tocados si que estan co tema dos santos e das procesións... Un dos anos que vivín en Madrí compartía casa con un Sevillano. Nunha ponte desas coma a que acabamos de pasar fun eu o último en irme, e como é lóxico apaguei as luces todas antes de sair (o piso era interior). Cando volvín da ponte o tipo estivo toda a semana enrabietado e proferindo maldicións contra min, parece ser que lle apagara a lus que alumeaba o seu cristo do gran poder, (unha estampiña que había alí no moble onde se deixan as chaves na entrada).

Como dixo Torredebabel: "Las únicas iglesias que iluminan son las que arden".
 
Je, je, je. Si supieran que tanta procesión y tanta leshe son de origen pagano. Aquí en Mandriles hay también mucho rollo de ese (quién lo diría, con tanto asfalto y CO2), algo que a mí siempre me resultó fúnebre (iba a decir siniestro, pero, claro, no es lo mismo). Lo de tanto santo, tanto Cristo y tanta virgencita, da que pensar...

Cruel, nenodanorita, cruel eso de apagarle la luz a la estampita: ¿no ve usted que así no fotosintetiza y se le va el "Gran Poder"?

Saudiños.
 
Ata chegar ao Sul eu sempre oira falar de Xoves Santo e Venres Santo... e vale (e iso que a familia de miña nai entra na categoría de beatos meapilas...). Pero é que aquí hai Luns Santo, Martes Santo, Mércores Santo... vaia, en Cai, un mínimo de catro procesións cada un dos días. O único bo foi que case me desapareceu o trauma infantil que teño eu coa Semana Santa.
Unha aperta a todos e recen pola miña alma ;-)
 
eu rezaría, hojasdehierba, pero coido ca miña conexión telefónica co ceo non é das mellores. E tampouco lembro esas poesías que os devotos repiten todo-los domingos ne misa. Sei algunha de Borges, algunha anónima, pero as relixiosas sempre me semellaron un pouquiño cursis e melodramáticas. Sintoo... (sintoo?????). Apertas!
 
Non te preocupes, Torredebabel, que seguro que xa miña avoa rezará polo par de netos "herejes" que lle tocaron ;-).
Unha aperta.
P.D.: Sí, é "síntoo". ¿Podo preguntar cómo é que escribes tan ben en galego? Non parece doado, vivindo tan lonxe.
 
a miña avoa tamén reza pero coido que os rezos só valen para os socios do club. Enton, ficaremos sen rezos pero libres! ;-)
Apertas!
PD: o meu galego eche ben pobriño pero foi escoitado na casa dende sempre, lido moito e aprendido nu curso da Xunta que xa terá continuación... Teño erros dabondo pero vou aprendendo moito nos blogs e un amigo axudame tamén cando teño problemas persistentes. Non parece doado e non o é. Pero nada é mais fermoso que o que se ama e eu amo esta lingua...
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?