quarta-feira, dezembro 14, 2005

Se eu dera premios de fin de ano...

O premio ao mellor post nun blog estaba adxudicado xa sen dúbida ningunha. O responsable do blog O ollo da vaca sería o gañador absolutísimo por esta mensaxe... Compartiría o premio cos dos comentarios, que son absolutamente xeniais tamén.
Opinions:
Ui que razón tes.
 
totalmente de acordo!!!! vai o meu voto para o premio de fin de ano do ollo da vaca! E se estamos a facer un top-10, engado ao Rei de copas. Apertas!!
 
so meu voto tamén para O Ollo da Vaca. Fascinante. Faremonos urbanitas, pero a vaquiña polo que vale...
 
Os nomes das vacas son curiosos e non quero imaxinar os nomes de cans que hai por ai adiante.
O rei de copas tinha que ser o rei de ouros polo valor que ten.
Saudos.
 
Para min, o conxunto post+comentarios son merecedores de aparecer en calquera antoloxía do xénero (se é que existe, que non o teño claro de todo).
Unha aperta.
 
non vira isto. mi má! sodes extremadamente amábeis. moitas grazas!

para min o mellor post do ano é conectarme cada mañá e atopar un blog ou un post novo para marabillarme.

non sei se valerá como voto ;-)

moitas grazas!!!!!!
 
Grazas a ti e a todos os que participaron no post, que me fixestes pasar uns momentos moi agradables :)
Unha aperta e claro que vale o voto ;-)
 
O meu voto vai para o apaixonante mundo dos blogs, un mundo ó que acabo de chegar e que gracias a tod@s vos síntome moi cómoda.
Un pracer a vosa compañía.
Unha aperta.
:)
 
jajajaja, así non hai xeito, cambianlle a unha as normas dos premios ás primeiras de cambio ;-)
Unha aperta.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?