Correo
Ligazóns a outros blogs
- A canción do náufrago
- Alfaias
- A Lareira
- A Picara de Allegue
- Apunta para non esquecer
- Aranheira
- Al Calor de la Lumbre
- A Regueifa
- As Crónicas Prusianas
- As túas balas
- Beliscos Pequenos
- Bretemas
- Cabaseira
- Capitulo 0
- Casatlantica
- Cenicienta Proletaria
- Colineta
- Costa dos Arrieiros
- Cousas de Imeneo
- Cousas deste Tempo
- Delirios
- Desbarradas de Akin
- Dias estranhos
- El Casino
- Endurance
- eueoseeuu
- Facendome o Sueco
- Falabarato
- Fíos Invisibles
- Futuro en Ruinas
- Gradicela
- Haicu
- Mi vida como un chino
- Modesto
- Naraio Nazón
- Nemeth
- Noites de lúa neghra
- O Blog dos Pelachos
- O Enigma Albixoi
- O Ollo da Vaca
- Opaco
- O Pitiño
- O Quilombo
- Orballo
- O Reverso
- Os tempos que corren
- Paparruchas
- Polvo á Feira
- Predicando en el Desierto
- Rabudo
- Rei de Copas
- Si Home Si
- Tardes Xeadas
- Trosma
Xa van alá...
quarta-feira, novembro 30, 2005
Nadal, tempo de liortas (I)
De todos é sabido que no Nadal aumentan as separacións matrimoniais, as discusións familiares e un sinfín de malos rollos que xurden mentres andamos tan ocupados en ser bos e afectuosos. Por iso, canta, oh Musa, a cólera que no undécimo mes do ano desataron os tenebrosos invasores no noso traballo, a conta da organización do xantar de Nadal...
segunda-feira, novembro 28, 2005
Herba Moura
Rematei hoxe Herba Moura, o Premio Xerais deste ano. Nun principio, tiven a impresión de que non ía gostar, parecíame un estilo solemne, con excesivas reviravoltas... Mais un pouco máis entrada en páxinas, decateime de que o rexistro ía ligado ao personaxe que ocupa case totalmente o primeiro tercio da obra: a raíña Cristina de Suecia. Pouco a pouco, vaise alixerando o rexistro para axeitar o envoltorio ao realismo máxico á galega que parece invadir a obra na súa parte final. Gostei da mestura, que me pareceu xustificada polo texto. Tamén do tema, ainda que parte "sueca" foi a que menos impresión me fixo, quizáis por culpa de Greta Garbo, claro... Vaia, que o recomendo.
Anticipando...

sábado, novembro 26, 2005
¡Vaia empanada!
Eu non sei se será cousa de que traballen tantas horas coma o pobre Miras Fole, ou se ese día tiveron unha cata e degustación do Capítulo Borrachísimo do Albariño, pero o certo e que aos de "REDACCIÓN CAMBADOS" do Diario de Arousa debeulles pasar algo gordo para ser quén de publicar na súa edición dixital un párrafo coma este:
El alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, ante la petición de diálogo por parte del Bloque para solventar el conflicto con la Consellería de Medio Rural, después de la anulación de 13 obras en las parroquias, reta a los nacionalistas a que convenzan á Xunta de que cumpra os seus compromisos e leve a cabo os traballos comprometidos no convenio, que foi eliminado de forma unilateral .
Todo o resto da noticia segue nesa especie de "bilingüismo peneque", así que non me resisto a poñer a ligazón, para que vexades que non esaxero.
sexta-feira, novembro 25, 2005
Parecidos

Esta vez foi diferente, o profe non nos saiu foleiro. Estanos a ensinar cousas e mesmo se preocupa de cambiar de tercio cada certo tempo para que non se faga pesado. Además, ten paciencia cos máis torpes do lugar. O malo e que ten un notable parecido con un Pepe Blanco máis novo e iso desconcentra moooito.
E agora marcho para o curso, que acabo de esgotar as 3 horas que podía faltar en toda a semana...
quinta-feira, novembro 24, 2005
Que siga a medrar
O blogomillo non deixa de medrar. Engado dúas ligazóns: unha dun blog bastante recente, outra dun que xa leva un tempo, pero que non tiña localizado.
quarta-feira, novembro 23, 2005
Siberia
O outro día falaronme dunha irlandesa que rematou, por azares da vida, cunha beca para aprender español/ensinar inglés nunha viliña da Siberia extremeña. Ao principio andaba desperada, e non é de extrañar... Despois comezou a facer amizades e acabou ligando co máis bruto da vila (ben é certo que con bastante probabilidade era case o único solteiro no seu rango de idade). As amigas inquiriron con tacto sobre a relación e a irlandesa deulles unha resposta sorprendente: non sabía se o rapaz era ou non bruto, porque cando falaba con alguén es español, salvo que fose descaradamente groseiro, apenas percibía se lle simpatizaba ou non, non era capaz de facerse impresións da xente coa que se relacionaba. Fíxome pensar a historia e sí que sinto algo similar cando falo con alguén en inglés. É máis, cando cheguei a vivir a Cádiz, durante os primeiros tempos, tampouco sabía facerme unha idea da xente: culturas distintas, case antagónicas. E tamén me decataba de que eles tampouco me entendían a min. Parece que as linguas teñen agochados certos matices que non sempre dominamos nin percibimos sequera.
terça-feira, novembro 22, 2005
Ai, Portugal

Ademáis diso, no restaurante servían unhas racións para xantar daquelas de antes: inmensas.
quinta-feira, novembro 17, 2005
A golpe de luns e aproveitando que o martes non curraba, marcho a facerlle unha visita de pernocta ao Radical, case un bis a bis, pero, por sorte, algo máis longo. Xantamos coas súas compañeiras de Profeslandia nun restaurante portugués. Falan da Lei Orgánica de Educación. Non lles gusta moito, ainda que por motivos bastante diferentes aos dos outros. Tamén comentan o programa de "calidade" que a Junta anda a espallar polos institutos e sacan peito: o seu instituto foi o curso pasado o de mellores resultados en selectividade de toda Extrema e Dura... e non é dos que levan programa de calidade. Non parece, pois, que o programa sexa moi decisivo, á fin. Sempre me choca as diferencias, non só na conversa, senon tamén na miña actitude na conversa, cando entro nese mundo de Profeslandia (cómpre dicir que Profeslandia non é un lugar concreto, senon... un ambiente). Xa imaxinarán os lectores deste blog que, habitualmente, non calo nin debaixo da auga. Mais en Profeslandia case sempre escoito ou, como moito, pregunto. As conversas son intelixibles, non se fan pesadas, pero sempre teño moito que aprender sobre o que contan.
Tralo xantar, marchamos o Radical e máis eu de visita turística portuguesa, pero iso xa é outra historia.
sábado, novembro 12, 2005
Terapias da libertade...
O meu traballo toca ben de cerca co asunto da violencia de xénero, maltrato hacia a muller, violencia doméstica ou como se lle queira chamar... Vexo que algúns políticos propugnan como solución (supoño que entre outras posibles) o estabelecemento de axudas económicas para estes casos. Seguramente, non estean de máis... Pero non din ainda con ningún caso real no que, tras dar o paso de denunciar, ela volvese atrás por falta de solvencia económica... Mesmo ao contrario: unha boa parte dos maltratadores son á súa vez toxicómanos ou alcohólicos e supoñen unha carga económica para a familia. Volvense atrás porque os botan en falta... a algunhas lles da vergoña expresalo así e din que "os perdoaron". Eles son adictos a ese mix tan divino de heroína e cocaína, que parece que é o que agora consume todo quisqui. Elas son adictos a eles. Quizáis a única solución para moitos casos sexan centros de desintoxicación para ambolos dous.
(Pois sí que me puxen intensa hoxe: como di unha compañeira do gremio, temos un traballo de "demasiado realismo".)
quinta-feira, novembro 10, 2005
¡Como o pasamos!

quarta-feira, novembro 09, 2005
Entre o agropop e a invención literaria
Rin moito con este descubrimento de blog, e especialmente con este post que nos amosa cómo aforrar uns euriños no depósito do combustible dos nosos carros, a medio camiño entre os inventos do TBO e a creación literaria.
Agora mesmo estou a preguntarme se meu irmán o probaría co seu novo carro. Algo me di que vai ser que non...
terça-feira, novembro 08, 2005
Tardíamente, Le Carre

Vaian vela... e se lles apetece, boten unha ollada a web, que é ben linda e ten unha música moi chula tamén.