quarta-feira, novembro 23, 2005

Siberia

O outro día falaronme dunha irlandesa que rematou, por azares da vida, cunha beca para aprender español/ensinar inglés nunha viliña da Siberia extremeña. Ao principio andaba desperada, e non é de extrañar... Despois comezou a facer amizades e acabou ligando co máis bruto da vila (ben é certo que con bastante probabilidade era case o único solteiro no seu rango de idade). As amigas inquiriron con tacto sobre a relación e a irlandesa deulles unha resposta sorprendente: non sabía se o rapaz era ou non bruto, porque cando falaba con alguén es español, salvo que fose descaradamente groseiro, apenas percibía se lle simpatizaba ou non, non era capaz de facerse impresións da xente coa que se relacionaba. Fíxome pensar a historia e sí que sinto algo similar cando falo con alguén en inglés. É máis, cando cheguei a vivir a Cádiz, durante os primeiros tempos, tampouco sabía facerme unha idea da xente: culturas distintas, case antagónicas. E tamén me decataba de que eles tampouco me entendían a min. Parece que as linguas teñen agochados certos matices que non sempre dominamos nin percibimos sequera.
Opinions:
Supoño que unha parte moi importante para falar unha lingua tamén é coñecer a súa cultura, e eses detalliños só se aprenden no face-to-face
 
A min pasame no traballo coa xente centroamericana. Hai veces que penso que tenhen mais en comun cos gringos que cos "espanhois".
E asunto de tratarse face-to-face, suponho.
 
pero incluso dentro da mesma cultura, lingua e territorio existe ese matiz, dicídeme senón como é posible que para moita xente (e falando en serio) Xaime Pita sexa unha persoa de educación normal e para outros sexa un chulo de barra americana nos seus modos. E non me estou referindo a mensaxes políticas nin matices ideolóxicos, só a percepción da persoa.
 
Aprendense nun face-to face... ben continuado. Para min, "nos vemos a las 8 aquí" quere dicir que a persoa que cho di estará alí, como moito, entre oito e cuarto-oito e media... En Cádiz parece que significaba "irei se non topo algo mellor que facer". Despois dun par de esperas, acaba unha pillando a mensaxe :D.
Eles tampouco parecían entender o concepto ironía... calquera broma debía ir acompañada dunha risotada ou dun "pisha", un "quilla" ou qué sei eu. Mesmo parecían sorprendidos cando procesaban a parida que eu dixera e lle topaban a gracia.
Curiosamente, non sei se é que son menos galega que antes ou que, pero non notei tanto desaxuste aquí por Extrema e Dura.
En canto ao que comenta nenodadorita, é importante non confundir o gastar cartos en roupa coa elegancia :).
Saúdos para todos.
 
eu sempre fun de mímica, de deijar falar aos gestos, e de perdir perdom na contra de permiso...pero hai sentimentos no injlés!!??
 
Síiii que hai: só hai que poñer unha canción de The Cure e inmediatamente comezo a poñerme morriñenta :).
Saúdos.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?