sexta-feira, novembro 25, 2005

Parecidos

Estes días apenas paso polo traballo porque estou a facer un curso deses que organiza o meu propio empleador e que, por tanto, se imparten en horario laboral. A materia non é que me chistara moito, pero os puntos Maggi que reparten veñenlle de perlas a unha aspirante a trepa coma min, máxime tendo en conta que este cursiño de 35 horas puntúa algo así como a cuarta parte do que puntúa a licenciatura universitaria que estou a facer... Estes cursos adoitan a ter un profesorado vergoñento: rara vez preparan a materia e cando o fan, danlle un enfoque tan sumamente teórico que dan ganas de dicirlle que che pasen o material impreso, que xa o lerás na casa.
Esta vez foi diferente, o profe non nos saiu foleiro. Estanos a ensinar cousas e mesmo se preocupa de cambiar de tercio cada certo tempo para que non se faga pesado. Además, ten paciencia cos máis torpes do lugar. O malo e que ten un notable parecido con un Pepe Blanco máis novo e iso desconcentra moooito.
E agora marcho para o curso, que acabo de esgotar as 3 horas que podía faltar en toda a semana...
Opinions:
Ja, ja, ja. Pues tiene que ser como para concentrarse en ninguna materia, ¿no? Ahora, con mi futuro ya decidido como profesor, me acuerdo de todas las veces que tuve profesores de los que me reí. ¿Será esto una deuda de karma?

Saudiños.
 
Vas a ter que mudarlle o nome ao blog, entón, que o futuro xa non está "en ruinas" ;-)
Saúdos.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?