quinta-feira, novembro 17, 2005

A golpe de luns e aproveitando que o martes non curraba, marcho a facerlle unha visita de pernocta ao Radical, case un bis a bis, pero, por sorte, algo máis longo. Xantamos coas súas compañeiras de Profeslandia nun restaurante portugués. Falan da Lei Orgánica de Educación. Non lles gusta moito, ainda que por motivos bastante diferentes aos dos outros. Tamén comentan o programa de "calidade" que a Junta anda a espallar polos institutos e sacan peito: o seu instituto foi o curso pasado o de mellores resultados en selectividade de toda Extrema e Dura... e non é dos que levan programa de calidade. Non parece, pois, que o programa sexa moi decisivo, á fin. Sempre me choca as diferencias, non só na conversa, senon tamén na miña actitude na conversa, cando entro nese mundo de Profeslandia (cómpre dicir que Profeslandia non é un lugar concreto, senon... un ambiente). Xa imaxinarán os lectores deste blog que, habitualmente, non calo nin debaixo da auga. Mais en Profeslandia case sempre escoito ou, como moito, pregunto. As conversas son intelixibles, non se fan pesadas, pero sempre teño moito que aprender sobre o que contan.
Tralo xantar, marchamos o Radical e máis eu de visita turística portuguesa, pero iso xa é outra historia.
Opinions:
¡Qué suerte estar tan cerca de Lusitania!
Me interesa lo de los profos: por fin lo he decidido y oposito. Es lo que me va, la enseñanza, estar con los chavales y eso, que del mundo editorial ya estoy harto. Aunque cuando aterrice no sé ni dónde ni cómo va a ser.

Saúdos.
 
Boa sorte, Olves. No ensino moitas veces "cae" un onde nunca pensou. Últimamente coñezo a bastante xente (galegos) que aprobaron en Andalucía.
Unha aperta.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?