terça-feira, maio 31, 2005

Cadea musical

O regueifeiro remite desde o seu fantástico blog unha cadea musical a este. Así que vou tratar de contestar:
Tamaño total dos arquivos de música do meu PC: uhm... case 5 gigas. Todos eles de copia legal dos meus CDs, claaaaro :).
Ultimo disco que merquei: Pokito a poko, de Chambao. Antes detestaba todo tipo de flamenco, pero desde que vivín polo Sul cheguei a asimilar algunhas cousas coma parte da paisaxe... Escoitar a Chambao mentres se mira a cúpula dourada da catedral de Cádiz combina ben.
Canción que estou a escoitar: Lost in the plot, The Dears. Sorprendente: creo que nin Morrissey ten una voz tan parecida á de Morrissey coma a do cantante deste grupo.
Cinco cancións que escoito moito e que teñen moito significado para min: (esta é a máis difícil...), pero vou tentar de non pasarme moito. Just like Heaven, de The Cure, The beautiful ones de Suede, A felicidade de Vinicius de Morais, Sodade de Cesaria Evora, Public displays of affection de Morcheeba, So low de Ocean Colour Scene, You don't care about us de Placebo, Heaven knows I'm miserable now de The Smiths e unha das miñas cancións favoritas para a troula: Unbelievable dos EMF. E tantas outras...
A calquera lector que lle apeteza seguir a cadea, non ten máis que collela :).

segunda-feira, maio 30, 2005

Territorio comanche

A fin de semana foi breve, coma todas as que me toca traballar. Saín do curro as oito e media da tarde e o Radical embarcoume para ir a unha festa. Unha festa de profes. Debíamos ser unhas corenta persoas e só localicei a tres que non eramos profes: unha ex-alumna, eu e un dentista que parecía caerlle mal a tódalas mulleres da festa. Non sei se era o efecto dentista ou algunha outra característica súa.
Bueno, tamén había profes pluriempleados (un pintor, un músico...), unha profe que se parecía a Michelle Pfeiffer, unha profe da vila máis "roja" de toda Andalucía, algunha outra amiga de profe que non cheguei a saber se tamén o era, unha profe que xa coñecemos noutras ocasións e que nin o Radical nin eu conseguimos lembrar como se chamaba e un profe de Filosofía que andaba a berrarlle a outra porque, según él, ela non entendía o concepto do efímero.
A festa era nunha terraza e, como non había nin lúa nin luz, prácticamente ás escuras. Comemos o que topabamos, sen saber de certo qué era ata metelo na boca e bebemos mojitos servidos na cáscara de medio limón.
Hei de ir habituándome, se os plans de mudanza se chegan a cumplir, haberá máis festas e máis profes... ainda que noutro lugar.

quinta-feira, maio 26, 2005

Innovacións

Estou abraiada e encantada á vez. Atopei unha emisora de radio que emite en inglés con intención didáctica as 24 horas do día. En principio, escoitase só en Madrid, pero, xa se sabe que Internet fixo que ata os que vivimos alá cerca da Siberia (extremeña) teñamos acceso a cousas coma estas.
Parece que se trata dun centro de estudos que emprega a emisora como un xeito de promoción: o nome é Vaughan e se premedes enriba da palabra, aparecedes na web da radio.
Cloverdale's corner é unha especie de retransmisión dunha clase de inglés de nivel medio-alto. Cloverdale (o profe) corrixe aos alumnos cando se enganan e explica cómo expresar en inglés correcto o que un quere dicir. Aos estudantes que colaboran no programa se lles nota un pouco cortados, pero o profe está coma na casa, o tío...

terça-feira, maio 24, 2005

SMS

Hoxe chegoume un SMS con este texto: "Por el derecho a una jubilación digna. ¡No a la explotación de la tercera edad! Jubila a Fraga con tu voto. Pásalo". Fíxome gracia e paseillelo a algúns dos meus contactos (coa "maldade" engadida de enviarllo ao meu avó...). Esta tarde chamou un dos meus amigos e díxome entre risadas que era coma unha cubana de Miami: desestabilizando o réxime desde fóra...
Espero que non me deteñan por actividades predelictivas ou cousa semellante.

domingo, maio 22, 2005

Tempo de reflexións

Onte era unha data especial para o Radical e para min, así que, esquecendo por un par de horas os exames, marchamos cara a Extremacity, con vistas a mercar algo que non atopabamos por aquí e, de paso, facer unha minicelebración en forma de xantar. Polo camiño, comezamos a debullar un proxecto que xa fora suxerido hai pouco: quizáis vaiamos facer outra mudanza (unha máis). Non ten pinta de ser a derradeira, non. Pero probablemente mellore a nosa calidade de vida, ou, cando menos, aumente moito o tempo que pasamos xuntos. Dáme preguiza, esta vez non a imos liquidar con 3 ou 4 viaxes no coche acarrexando libros e chorradas, non... Haberá que asinar contratos, sopesar prezos e arriscarse un pouco. E probablemente, gañar menos cartos ao mes...
De tódolos xeitos, non depende só da nosa vontade, senon de
unha superior que rexe toda a miña vida laboral, así que, deixémolo correr polo de agora. Hai cousas ás que non se lles pode meter presa.

sexta-feira, maio 20, 2005

Exposición virtual

A conta da cousa dos estudos, tiven a oportunidade de coñecer a unha pintora valenciana que agora ten aberta exposición nunha galería virtual alemana. Na Galería Suárez García poden ver as obras de Miracle, premendo na pestaña "Kunstler u. Werke". Se lles apetece, deixense cair por alí...

quinta-feira, maio 19, 2005

Fermosa a mensaxe

...que deixou martin pawley no seu blog co gallo do día das nosas letras. Poño a ligazón para o que non o lera. Emocioneime un pouquiño.

domingo, maio 15, 2005

Correr/fuxir: El apicultor

Unha vez, lendo as instruccións en castelan dun electrodoméstico, miña cuñada leu: "en caso de ruido extraño, pulse el botón correr/huir"... Caeu en graza a expresión e, dende entón, é un lugar común entre nós empregala cando algo nos bota para atrás.
Pois ben, acabo de ler un libro que debería levar ese aviso no lombo. Títulase El Apicultor, de Maxence Fermine e ao seu autor non lle viría mal coñecer algo sobre o decoro poético, a verosimilitude e a verdadeira sinxeleza. O autor seica busca impactar mediante frases cortas, pero pretendidamente cheas de contido. Máis só consigue ser pedante, os seus personaxes carecen de “carne” son filósofos de peto que só teñen alma. O protagonista pronuncia acaso catro ou cinco substantivos en toda a novela, ainda que lles da moito uso: mel, beleza, ouro, soño e absenta. Concretamente, o seu uso de “soño” e “soñar” e tan esaxerado que parece un anuncio de Operación Triunfo…
O que máis me amola e que din que se vendeu ben.
Avisados quedan.
Nota bene: esta mensaxe foi retocada porque o Blogspot comeu parte do orixinal. Un link que non recoñece, creo. Quedaba simpática a outra versión...

Bitácoras que xurden coas eleccións

O 19 de xuño parece ter provocado nacimentos múltiples no blogomillo. Así, dende Eleccións en Galicia, atopei nas súas ligazóns da marxe, outras coma Polo cambio en Galicia, Dende a outra banda (esta ten a pega de que non se sabe moi ben a data das mensaxes), Oito menos vinte e algún máis. Tamén aparece algunha ligazón a blogs sobre a materia en castelán.
Algúns habituais do conto, coma Galego de seu ou Endurance, botan o resto tamén co asunto electoral.
Eu non conto nada, porque entre que apenas teño un par de datos que prometín non difundir (ai!) e que sempre son estúpidamente optimista (neste tema, tamén; ben se ve que non dou aprendido), penso que a miña crónica electoral sería un pouco dos mundos de Yupi...
E para iso xa está Ana Obregón.

sexta-feira, maio 13, 2005

Este é un blog do exilio

Ou iso din en Vieiros... O pequeno "problema" é que non son mindoniense, nin estou a estudar en Badajoz (é dicir, estou a estudar, pero o motivo polo que estou en Extremadura é unha mistura entre traballo e amor...), e o certo é que aínda que secretamente me vexa como tal... xa non son unha moza. Ha de ser que aínda teño caligrafía de noviña...
Bueno, non é tan molón coma o de Todo Nada, que a confundían cunha escritora, pero polo menos quitáronme anos do lombo.
En todo caso, agradecerlle ao que escribira o texto de Vieiros a mención a este caderno, que sempre agrada que se acorden de unha, ainda que sexa pensando na veciña.

quarta-feira, maio 11, 2005

British Sea Power

Un pouco menos cañero que o anterior, Open Season recupera a este grupo. O seu primeiro disco, The decline of British Sea Power, deixoume con ganas de máis. E xa hai máis...
Daquel disco Fear of drowning era un singleazo, que daba ganas de cantar a berros... De este ainda non podo salientar nada, apenas o escoitei unha vez... pero paga a pena.
¿Actuarán por aquí algunha vez? Se así fose, xa vou poñendo ao meu querido Tonho a facer fila para as entradas...

segunda-feira, maio 09, 2005

Polos dereitos de todos

Copio-pego este texto de Psicobyte, que atopei mentado nas Desbarradas de Akin. Máis que nada, porque sei que a meu pai lle gustará lelo.

Estoy completamente a favor del permitir el matrimonio entre católicos. Me parece una injusticia y un error tratar de impedirselo. El catolicismo no es una enfermedad. Los católicos, pese a que a muchos no les gusten o les parezcan extraños, son personas normales y deben poseer los mismos derechos que los demás, como si fueran, por ejemplo, informáticos u homosexuales.
Soy consciente de que muchos comportamientos y rasgos de caracter de las personas católicas, como su actitud casi enfermiza hacia el sexo, pueden parecernos extraños a los demás. Sé que incluso, a veces, podrían esgrimirse argumentos de salubridad pública, como su peligroso y deliberado rechazo a los preservativos. Sé también que muchas de sus costumbres, como la exhibición pública de imágenes de torturados, pueden incomodar a algunos. Pero esto, además de ser más una imagen mediática que una realidad, no esrazón para impedirles el ejercicio del matrimonio.
Algunos podrían argumentar que un matrimonio entre católicos no es un matrimonio real, porque para ellos es un ritual y un precepto religioso ante su dios, en lugar de una unión entre dos personas. También, dado que los hijos fuera del matrimonio están gravemente condenados por la iglesia, algunos podrían considerar que permitir que los católicos se casen incrementará el número de matrimonios por "el qué dirán" o por la simple búsqueda de sexo (prohibido por su religión fuera del matrimonio), incrementando con ello la violencia en el hogar y las familias desestrucuturadas.
Pero hay que recordar que esto no es algo que ocurra sólo en las familas católicas y que, dado que no podemos meternos en la cabeza de los demás, no debemos juzgar sus motivaciones.
Por otro lado, el decir que eso no es matrimonio y que debería ser llamadode otra forma, no es más que una forma un tanto ruín de desviar el debate acuestiones semánticas que no vienen al caso: Aunque sea entre católicos, un matrimonio es un matrimonio, y una familia es una familia.
Y con esta alusión a la familia paso a otro tema candente del que mi opinión, espero, no resulte demasiado radical: También estoy a favor depermitir que los católicos adopten hijos.Algunos se escandalizarán ante una afirmación de este tipo. Es probable quealguno responda con exclamaciones del tipo de "¿Católicos adoptando hijos?¡Esos niños podrían hacerse católicos!".
Veo ese tipo de críticas y respondo: Si bién es cierto que los hijos decatólicos tienen mucha mayor problabilidad de convertirse a su vez en católicos (al contrario que, por ejemplo, ocurre en la informática o la homosexualidad), ya he argumentado antes que los católicos son personas comolos demás.
Pese a las opiniones de algunos y a los indicios, no hay pruebas evidentesde que unos padres católicos estén peor preparados para educar a un hijo, ni de que el ambiente religiosamente sesgado de un hogar católico sea una influencia negativa para el niño. Además, los tribunales de adopción juzgan cada caso individualmente, y es precisamente su labor determinar la idoneidad de los padres. En definitiva, y pese a las opiniones de algunos sectores, creo que debería permitirseles también a los católicos tanto el matrimonio como la adopción.

domingo, maio 08, 2005

Olivenza

Tivemos visita familiar esta fin de semana e, como temos por costume, adicamos algún tempo a levalas de turismo. Esta vez tocou Badajoz (co aliciente sempre desexable de ir ao restaurante portugués e afartar de bacallau) e unha novidade tamén para nós: esa vila case mítica, Olivenza. Ben coñecidos son os seus vaivéns, pertencendo a unha ou outra Coroa. Tamén foi noticiable hai non moito que Portugal mantén unha reivindicación sobre esta vila, e que ese "conflicto" era considerado pola CIA coma un potencial conflicto de fronteiras. Parece que a CIA non oíra falar da Unión Europea e tal...
O certo é que Olivenza é un típico povo andaluz, coma outros do sul da provincia de Badajoz. Pero con unha evidente pegada portuguesa: nos remates das casas, nos altares das rúas e nalgunhas edificacións de estilo manuelino. Destacaría catro lugares: as dúas igrexas, unha delas, a da Magdalena, cunha portada fermosísima, a outra cun retablo que acolle unha árbore xenealóxica da Virxe, o alcázar, con boas vistas e un moi interesante museo etnográfico e a porta da Casa do Concello (que é a da foto).
As visitas quedaron contentas e o Radical e máis eu tamén.

Boas novas

Ao estupendo caderno de Peke, Gradicela, saiulle un irmán ou curmán pequeno, esta vez máis separado do cotián, pero igualmente suxerente. Que gocen vostedes moito con Delirios. O blogomillo ten boa saúde, non hai dúbida.

sexta-feira, maio 06, 2005

Chegou por correo electrónico

Levo días a remoer a qué me recorda a foto de Fraga e creo que xa din co que era: deixaronlle a pel, despois de pasarlle o cepillo de púas de aceiro para sacarlle as manchas da idade, como ao Dracula da peli de Coppola, branquiña ata ser case traslúcida... Creo que dentro de dous ou tres anos, vou ter más arrugas que él. ¡Qué ben o estamos/estades a conservar!

terça-feira, maio 03, 2005

Cerveja e sexo

Parece que a Cerveja Imperial decidiu incluir publicidade subliminal na súa etiqueta... e qué mellor reclamo que o sexo. Grazas a Erea, que sempre achega uns links estupendos. Hai pouco comentaban deste compañeiro que xa lle dera unha volta enteira a todo Internet :).

Maios

Esta ponte andiven por Galiza e lembrei que O Maio, de Curros Enríquez, é un dos poucos poemas que sei de memoria case enteiro... A foto a tirei este domingo 1 de maio, nalgún lugar das Rías Baixas.

O maio

Ahí ven o maio

de frores cuberto
...Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?