quarta-feira, abril 19, 2006

Unha historia linda e nosa

Trala ausencia vacacional, aquí me achego outra vez a este caderno, esta vez motivada por unha historia que lin hoxe en El País. Co gallo do aniversario da suceso, conta cómo os veciños de Carnota salvaron a vida dos tripulantes dun buque da Armada que estaba a naufragar nas súas costas. Botáronse á mar coa absoluta valentía que hai moi pouco tempo vimos nos mariñeiros da Illa de Arousa, que recollían chapapote cos dentes se facía falta... Unha das mellores partes da historia (aparte da que conta que salvaron a vida) é a que conta Juan Manuel Gómez, que tiña 17 anos naqueles tempos, e que cando lle preguntou un dos tripulantes "¿qué tierra es esta", contestoulle en galego "esta unha terra moi bonita".
Polo menos, saimos na prensa para algo que non ten nada que ver co narcotráfico, que xa é unha novidade.
Opinions:
Pois é ben certo, que parece que só nos sacan por aí para dicir que somos, por exemplo, líderes en sinistros nas estradas. Esta é unha terra ben bonita.
 
fermosa história, tes razón. E moita razón tamén tivo Juan Manuel Gómez porque esa terra é "unha terra moi bonita" e iso é algo que todos terían que saber.
 
Feliz volta ao blogomillo. Xa me cheiraba a min que andabas por ai co Radical.
E bonito que conten bonitas historias de nos ou de calquera outro.
 
Onte, despois do parón para xantar que tivemos no "enblogs2006" aproveitei para pasar polo despacho, xantar algo rápido e irme ó "Bar Suso" da Rúa do Vilar, a tomar un cafeiño con leite dos que me fai Fernando. Collín EL PAIS como podería coller outro xornal calquera, ó chegar á última folla doume un tombo o corazón, a duras penas acadei ler toda a folla porque me caian unhas bagoas coma pedras pola cara abaixo, tratei de non levantar a cabeza.
Para mín, como para calquera que sexa de Carnota, e especialmente de Lira, a historia do Ariete é algo que levo sempre dentro, por repetida, por recontada, por tantas veces inxustamente esquecida. Como inxusto foi sempre nesa historia non lle dar recoñecemento que se merece ó papel das mulleres nese salvamento, (eran aplastante maioría, pois os homes estaban embarcados na mercante ou na emigración). Tamén é digno de mencionar que cando se otorgaron as medallas ó merito civil ós viciños do lugar, houbo moitos que ainda sen arriscar unha unlla correron a buscala, mentres outros (e sobre todo outras) non puxeron un pe fora da casa malia ter posto a vida máis que en xogo, e ainda é hoxe o día que non queren recoñecemento algún sobre o tema. Considéranse pagadas co resultado da sua acción.

Aí teñen os do audiovisual material para un bo documental sobre a solidariedade e a xenerosidade galega. Que aproveiten que a maioría dos protagonistas están vivos.

Apretas moza, alegrome de volver a tela por aqui, e por riba falandome da miña terra.
 
Sen ser de Carnota, a min tamén me asomou unha bágoa ao ler a noticia, nenodadorita... E, ao ler a túa mensaxe, emocionome outra vez.
Unha perta para todos.
 
Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... data credito
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?