segunda-feira, março 27, 2006

Antídotos para a morriña

Abriron hai uns días un super novo no noso barrio. Foi motivo de ledicia: a nosa vida é moito máis sinxela, pois xa non temos que coller o coche cada vez que quedamos sen iogures. A miña compañeira de traballo foi o sábado por alí a mercar peixe e voltou con sorpresa: ¡¡¡tiñan raia!!! Como boa galega e mellor cociñeira, fixo unha caldeirada. Invitou a compartila a un extremeño, que ao primeiro puxo mala cara, pero logo aplicouse a fondo. Teño que aprender a facela ben, que ha ser unha boa opción para cando unha comeza a botar en falta o peixe da terra...
Opinions:
Xa me gustaria que houbese raia neste pais.
O peixe aqui ten mui mala fama polo mercurio e apenas hai.
Un saudo.
Ah, se che interesa un blogo dun rapaz espanhol en Corea comproba este enderezo:
http://gunpo.blogspot.com/
 
Me encanta la caldeirada de raia. Aquí en Mandriles la encontré una vez, pero hace más de un año que no la he vuelto a ver.
Saúdos
 
Arrecende desde aquí mmmmmm, disfruta desas comidiñas sabrosas.

Unha aperta.
:)
 
como se fai a raia, non a provei nunca...

apertas
 
Eu sonche máis de terra adentro, así que curo a morriña con outros productos.

Hai un par de semás fíxeno cunha comida de antroido: butelo, cachola, patacas da Terra Chá, chourizos de Sárria, queixo da Ulloa, membrelo caseiro (feito pola miña nai), un mencía da Ribeira Sacra e augardente.

Por suposto, invitei os meus amigos madracas para que o probaran :D
 
que boa pinta. Miña avoa cociñaa coma ninguén, creo que lle vou facer unha visita un día de estos.
 
Acedre, grazas pola ligazón do "coreano"... para que vaiamos a pensar que nós andamos lonxe da terra :).
Nunca preparei a raia, pero polo que lle teño visto a miña sogra, penso que básicamente hai que cocela con patacas e despois facer una allada e alixeirala bastante coa auga de cocer o peixe... Admito suxerencias distintas :).
Manoliño, eu son de pouca laconada, pero cando volto a Galiza no inverno, case sempre cae algunha xuntanza con carne ao caldeiro de prato principal. O butelo o probei apenas un par de veces, pero gostei, sí. Na nosa zona non hai.
 
Pues sí que me tomaría ahora una plato de raia, como el de tu foto, a ver si se me quita la morriña

Bicos y boas noites :-)
 
Great work!
[url=http://zgrvnkfe.com/riyr/itcw.html]My homepage[/url] | [url=http://zotfqzef.com/rnnz/wujp.html]Cool site[/url]
 
Good design!
My homepage | Please visit
 
Ummm cada dia estou mais feliz de vivir donde vivo. Vivo en Cangas do Morrazo e unha das cousas que me encanta é a sua praza de abastos chea de peixes frescos.
Non hay cartiños que paguen iso.

Un saudo a tod@s galeg@s
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?