quarta-feira, março 08, 2006

Xa que estamos en epoca de falar de cine...

Vexo moita publicidade sobre a película baseada na biografía de Capote. Non irei mirala ao cine, non gosto de biografías. Penso que a última que fun mirar foi a da "mente marabillosa", empuxada por un economista que admiraba os logros de Nash no campo das xogos, moitos deles con moita aplicación na economía... e non quedei con ganas de máis. Pero iso é unha cuestión de gustos sen máis e sobre outra cousa quería falar... ¿Por qué cándo hai que facer unha película cun protagonista masculino non moi agraciado físicamente, contratan a un actor pouco atractivo e, pola contra, cando se trata dunha muller, adícanse a convertir a unha muller guapísima en fea? Así, por exemplo, Nicole Kidman facendo de Virginia Woolf ou Charlize Theron en Monster, que xa lles tivo que custar traballo poñelas feas. Trato de pensar en estrelas femininas feas... e só recordo nos últimos anos a Kathy Bates ¿por qué? Con respecto aos premios dos que todos falan, ainda que seguro que xa todos pasaron por alí, non perdan a crónica que Pawley fai dos Oscars, que paga moito a pena.
Opinions:
Pois e verdade. Hai muitas mais mulleres guapas que homes guapos. Sera por marketing. Non sei.
 
Será porque os moi parvos dos guionistas coidan que unha muller para ser interesante a súa vida tivo que ser fea. O cal, é obvio, é unha evidente parvada.
 
Contestando ao que me preguntas no meu blog, direiche que a Casa do Libro está moi cerquiña de Príncipe, baixando cara a Policarpo Sanz. Ocupa o edificio onde estiveron durante anos os Novos Almacenes El Pilar.Será un pracer verte o venres se ao final podes vir. Un cordial saúdo.
 
así sempre poden gabar o boa actriz que é ao facer de fea e horrenda. Os estereotipos da beleza feminina seguen estando... o que queda.

apertas
 
¿E non será porque en Hollywood hai máis actrices guapas que feas? Dito doutro xeito, ¿non será porque para facer carreira en Hollywood hai que ser guapa, de maneira que non hai actrices feas para facer de ídem?
 
Eu sospeitaba algo así, edu... :) Porque sigo pensando que unha fea ha de ser máis crible facendo de fea ca unha guapa maqueada...
Saúdos.
 
Espero que no suene mal, pero encuentro a la Kidman de Las Horas (con prótesis y todo) más atractiva que a la Lady Bótox que se pasea por las alfombras rojas.

Me pasa lo mismo que a ti con respecto a los Biopics. Siempre espero a que estén en el videoclub.

Apertas.
 
¿E cos calvos? ¿Qué pasa cos actores calvos? Non hai ningún (en Hollywood) que triunfara despois de perder o pelo.
Ai, que inxusticias :)
 
Yul Brynner, Gene Hackman (ten pelo, pero moi pouco) e mesmo John Malkovich non parece que tiveran problemas por ter pouco ou ningún pelo...
Saúdos.
 
A alopecia non lle impide a Bruce Willis salvar o mundo unha e outra vez.
 
Mesmo parece que salva aínda máis o mundo sen pelo ;).
Saúdos.
 
Malkovich, Hackman, Willis, e tamén Ed Harris, por exemplo, son calvos, efectivamente. Pero xa eran famosos cando a "falta de cabelo" se fixo patente, non ó revés.
 
Uhm... Malkovich fíxose famoso en Las Amistades Peligrosas... e xa era patente que ía quedar calvo :).
Pero a Willis mesmo o poñen a facer de galán (e probablemente xa non está para eses trotes).
Saúdos.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?