quarta-feira, março 29, 2006

Unha "pequena" nova experiencia

O domingo viaxamos a ver a unhas amigas a Guadajira, non moi lonxe daquí. É un povo moi pequeno, uns cincocentos habitantes din as estatísticas. Pero o novo no era iso, senón o feito de seren un povo de colonización, creado nos anos cincuenta ao amparo de Plan Badajoz. Povo blanco, coma tantos outros, cunha igrexia grotesca que retransmite badaladas enlatadas por un altofalante, sen ningunha edificación con visos de antigüidade. Houbo, sen embargo, unha cousa que chamou a nosa atención: había rúas sen fachadas, é dicir, íanse alternando as rúas que daban á parte dianteira das casas, coa súa porta principal e as ventás, con outras (paralelas ás mesmas) onde só habían una especie de porta de servicio. Estas últimas rúas parecían mortas, non se vía a ninguén por alí, nin siquera carros aparcados. A rapaza que coñecemos que está a vivir alí comentou que esa distribución era moi frecuente nos poblados de colonización... pero claro, nós nunca estiveramos en ningún. Moita xente nova en Guadajira, parece que non marchan do campo tanto coma en Galiza.
Opinions:
Pareceme incrible que ainda tenhan vida esas vilinhas. Curioso.
 
Pois sí, acedre, pero por aquí queda moita xente no campo, bastante diferente da Galiza, nese aspecto.
 
Marisa, vivo en Extremadura, pero voy con bastante frecuencia a Portugal, porque queda muy a mano desde aquí. Además, también suelo ir a Galicia atravesando Portugal, es el modo más cercano y cómodo de hacerlo.
Muchas gracias por pasarte por aquí, bienvenida.
Apertas.
 
Ah, Filladorozas... claro, esas experiencias manchegas de xuventude...
Igual algún día falo diso, que acabo de ter unha revelación.
Bicos.
 
Interesante.
El nombre además (villas de colonización) trae resonancias curiosas. Podrían hacer lo mismo en Soria y en todas las tierras de los alrededores de Mandriles que están vampirizadas por esta aglomeración buro-capitalista.
Un saludo.
 
Olves, a esas case mellor poden chamarlles "vilas de especulación" ;)
apertas.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?