sexta-feira, março 17, 2006

Telenovela triste

O outro día, había una trama de paternidade dubidosa en Desperate Housewives, que, por certo, leva aquí de título Mujeres Desesperadas e non Amas de Casa Desesperadas, coma sería o lóxico. Ao día seguinte enteiramonos no traballo dun asunto que trataramos alí había un par de meses e que tomou unha evolución que os pode levar directamente a un talk show, por méritos propios. O argumento é así: parella casada con dous fillos. A muller marcha con outro en circunstancias ben bizarras: a parella acude a unha festa e, cando o home empeza a buscar onde está ela, resulta que marchara co amante... para non voltar á casa. Leva consigo ao fillo pequeno, que ten dous anos e deixa ao grande co pai. Comezan a separarse legalmente e adxudícanlle a custodia do pequeno á nai, cun réxime de visitas para o pai. Cando o pai vai buscar ao pequeno para as visitas, a nai sempre pon problemas (nada fora do desgraciadamente habitual), pero un día dille que non o pode levar, que non é fillo del. Tanto teima que él esixelle unha proba de paternidade, máis que nada, para quitarlle a excusa. A proba de paternidade dalle a razón a ela: non é fillo del. O home está destrozado, a familia do home (avós, tíos...), tamén... De súpeto, perderon un fillo, neto, sobriño... Por suposto, a pécora que creou a situación, non está disposta a que teñan relación ningunha co neno. Todo isto ocorre nunha vila duns cinco mil habitantes e vailles ser difícil tratar de esquencer.
Na trama da serie tiña gracia, na vida real, non a ten.
Opinions:
Hai aqui nos EEUU un programa de tv que saen parellas facendo a proba do ADN e hai de todo.
A xente e que non ten un minimo de decoro e ata van cos nenos e o publico a insultar a muller e os nenos a chorar. Bueno, un circo.
 
Alucinante, enrevesado, estou intentanto imaxinar mentalmente as caras e os comentarios dos aborixes extremeños pero non dou collido a imaxe... que forte!!

Apretas
 
O curioso é que coñezo un caso real semellante. Non, non ten graza ningunha na vida real.
 
Un programa con probas de ADN???? Vaia, que non se enteren por aquí, que igual o copian :S.
Apertas.
 
A miña parella está a vivir no traballo un caso semellante dentro das diferencias. Dicíalle eu a ela e ás súas compañeiras que de facerse unha teleserie coa súa historia (cornos, embarazos, curas, psiquiátricos...) ninguén a crería por esaxerada. Será por iso que non me gustan as teleseries.
 
Na vida real algo así sería imposible de aturar...
 
teño unha irmá avogada que sempre dí que as piores miserias atópanse nun divorcio. E conta histórias como a que contas ti porque o malo é que sonche moi comunes. E ten que levar a razón porque temos acá unha universidade que vende test de ADN para que os pais saiban se os fillos son deles. Ti picas un dedo teu e un do neno, levas a proba á universidade e en un tempo chamante e sabes se o fillo é teu. Como se un pai só fora o que da a vida...
 
Pois non é por nada pero aquí tamén hai un programa con probas de ADN e redobres de tambores.
Desde logo, o nome do teu blog vaille a esta historia que nin pintada.
 
Torredebabel: con demasiada frecuencia nos divorcios, a xente aproveita aos fillos e o amor que se lles ten para facer dano ao "contrario"... Triste.

Leco, ¿Podería concretar onde é aquí??? Porque se é Galiza estame a entrar un desacougo no corpo...
Apertas.
 
Referíame ao estado. non sei en que canal: O Diario de Patricia
 
Ese programa é noxento... pero non sabía que chegaran a dar o paso ata as probas de ADN :S
Ufff.
Apertas.
 
hai un programa que non sei se seguen a pór ou non en antena 3. creo que se chamaba "la hora de la verdad" ou algo así. facían probas de adn e tamén sometían á xente á maquina da verdade para saber se lle tiña postos os cornos á súa parella ou non... o mellor era cando as probas do adn dicían que o neno non era do marido e a muller, erre que erre, que si era seu...
 
Great work!
[url=http://hpvgtgiu.com/teul/lbqr.html]My homepage[/url] | [url=http://zjihydfg.com/jtcm/knmv.html]Cool site[/url]
 
Nice site!
http://hpvgtgiu.com/teul/lbqr.html | http://avuyamem.com/kxpz/vbjd.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?