Correo
Ligazóns a outros blogs
- A canción do náufrago
- Alfaias
- A Lareira
- A Picara de Allegue
- Apunta para non esquecer
- Aranheira
- Al Calor de la Lumbre
- A Regueifa
- As Crónicas Prusianas
- As túas balas
- Beliscos Pequenos
- Bretemas
- Cabaseira
- Capitulo 0
- Casatlantica
- Cenicienta Proletaria
- Colineta
- Costa dos Arrieiros
- Cousas de Imeneo
- Cousas deste Tempo
- Delirios
- Desbarradas de Akin
- Dias estranhos
- El Casino
- Endurance
- eueoseeuu
- Facendome o Sueco
- Falabarato
- Fíos Invisibles
- Futuro en Ruinas
- Gradicela
- Haicu
- Mi vida como un chino
- Modesto
- Naraio Nazón
- Nemeth
- Noites de lúa neghra
- O Blog dos Pelachos
- O Enigma Albixoi
- O Ollo da Vaca
- Opaco
- O Pitiño
- O Quilombo
- Orballo
- O Reverso
- Os tempos que corren
- Paparruchas
- Polvo á Feira
- Predicando en el Desierto
- Rabudo
- Rei de Copas
- Si Home Si
- Tardes Xeadas
- Trosma
Xa van alá...
quarta-feira, março 15, 2006
Slowly?
A fin de semana foi espídica: chegada o venres tarde a Vigo, para gozar da presentación do libro do Rei de Copas, que resultou ser unha persoa cun sentido do humor sutil que nos puxo un sorriso na cara durante toda a súa intervención. Tiña a todo o auditorio engaiolado coas cousiñas que ía contando, tanto sobre a obra, coma sobre a súa vocación literaria. Non houbo apenas comentarios sobre o libro, pero é que moitos dos asistentes non o tivemos entre as mans ata ese momento. Xa haberá tempo de facer eses comentarios cando remate o libro, que facelos antes é un pouco onda Sofía Mazagatos e por riquiño que me parecera o autor, tampouco é iso... Despois do acto, agardabanos na porta a miña compañeira de piso da facultade e pasamos unha noite estupenda con ela. Falamos do pasado, sí, pero tamén do presente e mesmo do futuro, coma corresponde a unha amizade que sigue viva a pesares da distancia e dos anos. O sábado pola mañá fuxiu entre pouco froitiferas xestións inmobiliarias e comerciais... pero polo menos dimos un paseiño por Vilagarcía. A tarde-noite consumiuse entre a familia política, os amigos e a organización de (alomenos) 3 ou 4 viaxes para Semana Santa (dame a sensación de que remataremos por pasala en Rajoysbeach ou en Vilagarcía...). A conclusión foi que a opción das Alpujarras parece perder forza e ao Radical e máis a min non nos convence Lisboa (fomos varias veces nos últimos 3 anos e preferimos voltar en tempada baixa). O domingo tiramos para Ponteareas para celebrar o aniversario de meu pai: todo saiu de marabilla e en catro horas que estivemos alí deron para moito, entre outras cousas, para facer boas migas (por fin) co meu sobriño pequeno, que xa non me mira con desconfianza e mesmo aprendeu a dicir o meu nome. Polo serán volta para Extrema e Dura atravesando Portugal, durmir en terras de Alcántara e o luns de mañanciña, facer os 120 kms. ata o traballo... Creo que non vos estrañara que non contase todo isto onte...
Opinions:
<< Home
Graciñas polo resume da presentación do Rei de Copas. Foi case como estar alá!!!! moitas, moitas gracias!
Si que foi movida a fin de semana !. Movida e completa con retallos blogueiros, literarios, de amistades e familiares de mostra da vida real.
A ver se les o libro de Veloso e contas como vai.
Un saudo.
A ver se les o libro de Veloso e contas como vai.
Un saudo.
E eu pregúntoche: que tal a conducción por terras portuguesas? Porque igual en semana santa facemos un percorrido similar ao voso e queriamos ir por Portugal...algo que destacar?
Gracias de antemán.
Gracias de antemán.
Ao final non puiden ir a presentación de Veloso por mor do curro. Despois de ler o que dicides da mesma, aínda o vou odiar máis (ao curro, claro).
Saúdos
Saúdos
Para BESBELLINHA: Se vas coller a autopista que conecta Tui con Oporto e despois vas seguir pola de Lisboa debes saber un par de cousas.
a) A peaxe debe andar polos... 25 euros. Nós saímos uns 100 kms. antes de Lisboa, así que son 20 euros.
b) Os portugueses axustan moito máis nas maniobras de adiantamento. E non me refiro aos catro bestias que sempre se atopan nunha autopista, senon a todo quisqui. Ti vas polo carril adiantando a un que vai detrás dun camión e, de súpeto, o que vai detras do camión métese (normalmente sen intermitente, pero iso varía) e adianta él ao camión. Case sempre ten tempo de facelo sen que ti deixes os frenos... pero ainda así, axustan moito máis.
c) Os camións, autobuses e camionetas corren moito máis que aquí. De feito, ninguén baixa de 130 nin de casualidade.
d) En Portugal, o límite de alcohol para conducir e CERO... así que esquecede a copiña de viño a hora de comer.
Apertas.

A túa descrición da presentación, fai que se poida recrear na imaxinación como se se estivese alí, é unha sorte que puideses ir.
Un saúdo
Un saúdo
Eu non puiden asistir á presentación do libro pero xa tiven o pracer de desfrutar da compaña de Veloso e realmente é un encanto.
"Licor de abelá con xeo", encantoume.
Realmente era unha boa oportunidade para coñecer a máis blogueir@s.
Por certo menudo tute de km para unha fin de semán non si?
Unha aperta.
:)
"Licor de abelá con xeo", encantoume.
Realmente era unha boa oportunidade para coñecer a máis blogueir@s.
Por certo menudo tute de km para unha fin de semán non si?
Unha aperta.
:)
Marinha, sí que foi un bo tute, pero levaba desde fin de ano sen ir a Galiza e xa tocaba... Parecía case coma se me estiveran a poñer unha peli, máis que estar vivíndoo eu :).
Apertas para todos.
Apertas para todos.
Thank you!
[url=http://ogldejly.com/iyhw/gwpp.html]My homepage[/url] | [url=http://vntkuwqa.com/myoh/crml.html]Cool site[/url]
Enviar um comentário
[url=http://ogldejly.com/iyhw/gwpp.html]My homepage[/url] | [url=http://vntkuwqa.com/myoh/crml.html]Cool site[/url]
<< Home