terça-feira, março 21, 2006

Non só o tabaco.


Segundo a miña experiencia, algo que tamén debería levar advertencia dos seus perniciosos efectos é escoitar a Radio pola mañá. E non falo de experiencias fortes, que unha coñece as súas limitacións e sabe que está vella de máis para iso... Sen ir tan ao extremo, está mañá pillei un bo calentón escoitando falar das revoltas francesas na emisora que, supostamente, máis podería tratar de entendelas. Falaban do "pouco permeables aos (supermeganecesarios) cambios que son os sectores da sociedad francesa que andaban a manifestarse. De que oporse a reducción do estado do benestar ía en contra da "cohesión social"... Estou segura de que se os cambios fosen coma o autoestablecido polos nosos parlamentarios galegos, non se ían a opoñer. O conto é que cando os cambios afectan aos pringaos, nunca son para ben, senon a cotío "pour t'enculer". O de que a reducción do estado do benestar poida favorecer a cohesión social só o entendo se considerasemos que a cohesión social fai aguas porque os que non precisan nin subsidios, ni escola pública, nin sanidade, nin servicios sociais estarán máis contentos pagando menos impostos. É dicir, o sector dos cómo-me-gustaría-ser-coma-ti que os tertulianos semellan tomar coma modelo. E non lles vai mal, non. Cobran o mesmo por soltar babosadas durante unha hora (bueno, unha hora a dividir entre catro ghichos: case sempre 3 homes e unha muller) que un anticambios en quince días de traballo. Penso que o eslogan da foto enténdese sen necesidade de saber francés. Despois do que oín hoxe, empezo a ter dúbidas sobre se hai unha man agachada detrás das convocatorias dos botellóns. Parece que estes das pancartas incomodan máis ao sistema.
Opinions:
na Arxentina, ese discurso do neoliberalismo atopou non poucos adeptos que fixeron deste país o que é hoxe: metade da poboación pobre, nenos desnutridos, mortes por fame e un Estado que é case invisible. Moi ben fan os franceses! máis quixera eu vivir nun país así de "pouco permeable aos (supermeganecesarios) cambios" dos que falan eses que sempre poden ser ainda máis ricos do que xa son... e é moito decir.
 
non podo estar máis dacordo...
sempre tiven envexa, da mala, aos franceses. saben coma ninguén defender o seu e os seus dereitos...

unha aperta
 
A verdade e que non se pode permitir recortar os dereitos que se tenhen conquistado. Conquistado, si, con folgas, manifestacions e protestas que nunca foi unha concesion do poder ou do patrono.
Habia que facer un botellon reivindicativo nas sedes dos gobernos todos.
E gracinhas pola felicitacion. De corazon.
Un saudo.
 
Agora que o dis, é moi sospeitoso o tremendo bombo que lle deron ao asunto dos botellóns nos telexornais. Pero tampouco podemos aceptar esa contraposición que queren facer algúns "mocidade francesa comprometida versus mocidade española frívola". Aínda temos frescas na memoria as imaxes dos millóns que se manifestaron contra a guerra ou os 400.000 voluntarios do Prestige. Pero non durmamos, se non queremos espertar rodeados de dinosauros. Un saúdo.
 
A pregunta, coma case sempre que a cousa anda algo revolta é: Qui prodest?, ¿Quen sae gañando con esta situación?

Unha xuventude narcotizada (ou mellor dito: borracha) é máis interesante para o poder que unha xuventude reivindicativa. Por iso os telediarios fixeron de caixa de resonancia e difusión ós botellóns. Por exemplo, eu non recibín nengunha mensaxe de convocatoria vía sms ou correo electrónico, pero fixeron todo o posible dende os medios para que me esterase.
 
En realidad el botellón favorece al stablishment: genera gasto, genera trabajo y amojama las rebeldías juveniles, que se centran en la lucha por el derecho a beber en la calle.
En mi humilde opinión es parte de esa ideología de nuevo rico que han conseguido inculcarnos tan bien.
Y, sí, ¡bien por los franceses!
Apertas
 
Por certo, a "experiencia forte" á que te refires deixa de selo se te mentalizas, como fago eu moi de mañá, de que é un programa de humor.
 
Comenzo a pensar que o botellón e a máxima posiblilidade de protesta. Solo falta cambiar os eslogans, de "Seamos mais que en Sevilla" a "Bebamos mais que os diputados para cobralo mesmo".
Saludos Haica.
 
Coido que estes son tempos de estar atentos, porque esa Europa dos traxes típicos rexionais que sae na publicidade institucional é unha máscara. Aprendamos dos franceses, que con aquela famosa revolución súa demostrar ser a vangarda social europea.
E labazadas ós dous lados, ós xornalistas por andar a facer polémica do que non deben e ós listillos dos macrobotellóns, que cren que inventaron algo novo, por esa mentalidade acomodada, de "novo rico" como dicen por ahí.
 
Despois de varios días con problemas "bloggeristicos", que quizáis algúns detectaran, só me queda dicir que parece que a explicación aos botellóns é a que deu o outro día unha moza sevillana: non ían deixar que os de Graná fosen máis ca eles...
E dirán que os granaínos teñen "mala follá"...
Apertas.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?