Correo
Ligazóns a outros blogs
- A canción do náufrago
- Alfaias
- A Lareira
- A Picara de Allegue
- Apunta para non esquecer
- Aranheira
- Al Calor de la Lumbre
- A Regueifa
- As Crónicas Prusianas
- As túas balas
- Beliscos Pequenos
- Bretemas
- Cabaseira
- Capitulo 0
- Casatlantica
- Cenicienta Proletaria
- Colineta
- Costa dos Arrieiros
- Cousas de Imeneo
- Cousas deste Tempo
- Delirios
- Desbarradas de Akin
- Dias estranhos
- El Casino
- Endurance
- eueoseeuu
- Facendome o Sueco
- Falabarato
- Fíos Invisibles
- Futuro en Ruinas
- Gradicela
- Haicu
- Mi vida como un chino
- Modesto
- Naraio Nazón
- Nemeth
- Noites de lúa neghra
- O Blog dos Pelachos
- O Enigma Albixoi
- O Ollo da Vaca
- Opaco
- O Pitiño
- O Quilombo
- Orballo
- O Reverso
- Os tempos que corren
- Paparruchas
- Polvo á Feira
- Predicando en el Desierto
- Rabudo
- Rei de Copas
- Si Home Si
- Tardes Xeadas
- Trosma
Xa van alá...
quarta-feira, março 01, 2006
Este ano o Antroido foi Fasnacht
Xa sei que tiven o blog un pouco abandonado estes días, pero é que o Radical e máis eu andamos de rule polo país dos reloxos, os chocolates e a neutralidade cabrona. Sí, ía moiiiito frío, para que imos dicir que non. O domingo pola tarde voltaba o tren de Interlaken a Basilea cheo de suizos cos esquís ás costas. Polo demáis, foi unha experiencia lingüística bastante desconcertante: coas miñas 50 palabras en alemán e o meu francés de Bricomanía, remataba por farfullar unha caste de lingua franca que tiña que ser desconcertante para os suizos, ainda que parecían aturalo estoicamente. Por fortuna, todo o que tiña algo para vender parecía entender o inglés sen máis problema, así que, cando esquecín a corrección política e lembrei que o importante nesta vida é que a unha a entendan, todo foi ben. Ainda así, seguía tendo o seu punto rematar con un "die rechnung, bitte" e dando as "danke". A foto é do Paul Klee Zentrum que, ademáis de ter unha cantidade incrible de obra de Paul Klee, é unha pasada coma edificio. Ademáis, había calefacción...
Opinions:
<< Home
Notabase o paron pero desta vez foi por unha boa razon.
Eu nunca fun a Suiza e apeteceme. Quen sabe ?, noutra ocasion.
Suiza sempre foi neutral e seguira sendoo porque e o deposito das riquezas do mundo e iso respetase que aqui mandan os ricos.
Un saudo.
Eu nunca fun a Suiza e apeteceme. Quen sabe ?, noutra ocasion.
Suiza sempre foi neutral e seguira sendoo porque e o deposito das riquezas do mundo e iso respetase que aqui mandan os ricos.
Un saudo.
Pois xa tes certa maña se es quen de que te entendan en inglés. Eu, co meu acento Rías Baixas, teño un inglés que so o consiguen descifrar eses tipos que serían capaces de entender o argumento de “la insoportable levedad del ser” narrada por un esquimal tatexo. Cada vez que fago unha escapa teño que andar a procurar un deses talentosos para non perderme. Aldeano que é un.
Acedre: agora mesmo, dende Madrid e Lisboa hai voos moi baratos a Suiza... o problema é ao chegares alí, que hai que levar un carro de cartos ;).
Naufrago: vostede é moito máis "envexable", sen dúbida... O que gostaría eu de valer para escritora.
larvós: Tendo en conta que estudo Filoloxía Inglesa, se non me entenden en inglés, malo sería ;).
Filladorozas: Xa sabía eu que ao aparecer a palabra aldeano falaba vostede seguro. Un pracer saber que anda por aquí. Moitos bicos.
Apertas a tutiplén.
Naufrago: vostede é moito máis "envexable", sen dúbida... O que gostaría eu de valer para escritora.
larvós: Tendo en conta que estudo Filoloxía Inglesa, se non me entenden en inglés, malo sería ;).
Filladorozas: Xa sabía eu que ao aparecer a palabra aldeano falaba vostede seguro. Un pracer saber que anda por aquí. Moitos bicos.
Apertas a tutiplén.
Grazas pola visita e o apuntamento que fixeches no meu blog, gustaríame coñecer o museo de Paul Klee, é un artista de difícil clasificación ao que admiro.
Un saúdo
Enviar um comentário
Un saúdo
<< Home