Correo
Ligazóns a outros blogs
- A canción do náufrago
- Alfaias
- A Lareira
- A Picara de Allegue
- Apunta para non esquecer
- Aranheira
- Al Calor de la Lumbre
- A Regueifa
- As Crónicas Prusianas
- As túas balas
- Beliscos Pequenos
- Bretemas
- Cabaseira
- Capitulo 0
- Casatlantica
- Cenicienta Proletaria
- Colineta
- Costa dos Arrieiros
- Cousas de Imeneo
- Cousas deste Tempo
- Delirios
- Desbarradas de Akin
- Dias estranhos
- El Casino
- Endurance
- eueoseeuu
- Facendome o Sueco
- Falabarato
- Fíos Invisibles
- Futuro en Ruinas
- Gradicela
- Haicu
- Mi vida como un chino
- Modesto
- Naraio Nazón
- Nemeth
- Noites de lúa neghra
- O Blog dos Pelachos
- O Enigma Albixoi
- O Ollo da Vaca
- Opaco
- O Pitiño
- O Quilombo
- Orballo
- O Reverso
- Os tempos que corren
- Paparruchas
- Polvo á Feira
- Predicando en el Desierto
- Rabudo
- Rei de Copas
- Si Home Si
- Tardes Xeadas
- Trosma
Xa van alá...
quinta-feira, fevereiro 23, 2006
Veciños
Naqueles tempos da miña mocidade puñan unha serie australiana na galega que se titulaba Veciños. Teñoa mirado algunha vez. Era curiosa de ver, porque saían Kylie Minogue, que xa andaba por aí a cantar (os episodios que emitían tiñan uns anos de desfase) e Jason Donovan (que naquel entón era alguén). Disque tamén saía Russel Crowe, pero non me lembro del. Estes neighbours, everybody needs good neighbours, vivían nun barrio de casiñas. Nunca se me ocorrera que eu ía vivir algunha vez nun barrio de casiñas tamén, certamente, máis achegadas que as da serie australiana. Unha cousa peculiar dos barrios estes de casiñas, que non adoita a reflectirse na TV ou no cine é a tendencia ao tunning que lle da á xente: aos normais dalles por expresala a través da xardinería, con resultados en xeral agradables. Pero hai outros... hai outros... en fin, ananos, macetas con forma de caracol, farolillos rococó e calquera outra cousa que atoparan por aí. Pero creo que o veciño que leva o premio ao máis (poñan vostedes o calificativo) e o da casiña da foto. Había tempo que a quería poñer, pero dábame vergoña ir a quitala. Despois pensei que se a él/ela non lla dá...
Opinions:
<< Home
A verdadé é que poñerlle un escudo a un chalé de urbanización é coma ter un Santocristo con duas pistolas no cinto. Por riba, o escudiño... de heráldica nada, hai un certa estética rancio-facha-imperialista na galiña esa...
Bicos ;-)
Bicos ;-)
jejeje
moi bo, pero de escudos raros poderia haber unha seccion en aduaneiros, que hai un fato deles polo pais adiente :D
moi bo, pero de escudos raros poderia haber unha seccion en aduaneiros, que hai un fato deles polo pais adiente :D
O do tunning da casa é algo moi típicio en toda Galicia, que conste. Efectivamente, nos concursos dos Aduaneiros hai algúns exemplos
Miña nai tamén tunea a eira, tenche dous caracois alí chantados, un burro coas alforxas de macetas, fixo figuriñas cos arbustos estes que non sei como se chaman ao estilo "Eduardo Manostijeras" e agora quere facer alí unha poza que lle vai chamar "estanque".
Eu tranquila mentres non se lle dea por poñer arados e demais aparellos tirados por tractores (cala que non me lembro xa dos nomes das cousas esas...ata mirei na páxina do yondere) e pintalos psicodelicamente.
Eu tranquila mentres non se lle dea por poñer arados e demais aparellos tirados por tractores (cala que non me lembro xa dos nomes das cousas esas...ata mirei na páxina do yondere) e pintalos psicodelicamente.
eu teño uns veciños que tenen no seu chalet dous escudos: o de Ourense e o da Coruña. E tamén a concha de Santiago. Claro, éche ben feo así, "arquitectónicamente" falando, pero como ten aquelo do sentimento pola Galicia que fica tan lonxe... que ata hai días que me gusta pasarlles pola porta e ollar eses elementos.
¡Jua, jua, jua!
Por aquí hay quien pone osos y madroños a los lados de la puerta, pero lo mejor que vi nunca fue en el Bierzo: en un jardín había una estatua de Osiris en colores bien estridentes y una especie de pirámide casera con dorados y todo.
Saúdiños.
Por aquí hay quien pone osos y madroños a los lados de la puerta, pero lo mejor que vi nunca fue en el Bierzo: en un jardín había una estatua de Osiris en colores bien estridentes y una especie de pirámide casera con dorados y todo.
Saúdiños.
Nice site!
[url=http://nlixkpkf.com/rqqv/tieo.html]My homepage[/url] | [url=http://stiaeqpo.com/evjc/yqwl.html]Cool site[/url]
Enviar um comentário
[url=http://nlixkpkf.com/rqqv/tieo.html]My homepage[/url] | [url=http://stiaeqpo.com/evjc/yqwl.html]Cool site[/url]
<< Home