domingo, fevereiro 19, 2006

Tres ratos cegos...

Fun mirar La ratonera ao teatro hai un par de días. O Radical andaba de periplo galaico, así que non puido vir. Non perdeu moito, non gostei moito da adaptación. Ainda que un poida divertirse cunha obra de Agatha Christie, non creo que o ton axeitado sexa convertila nunha comedia: na miña opinión debería producir certa inquietude e iso só o acadaba cando tarareaban a cancionciña de marras. Polo demáis, fixeron tan ridículos aos personaxes que cando quedaban dous deles sós nalgunha estancia, máis ben parecía probable que un deles botase a chorar que se puxera matar ao outro... Ainda así, había moitísimo tempo que non ía ao teatro e foi boa cousa matar o mono. Agardo que haxa máis oportunidades de facelo e, se non é agora, cando se verifique o traslado case seguro que as haberá. Onte actuaba tamén Rosana, pero, se xa tiña dúbidas de ir cando pensaba que era gratis, coma para sacar 22 euros do peto que é o que custa a entrada...
Opinions:
A ultima vez que fun foi aqui a ver "My fair lady" e fixerono mui ben. Foi un dia bonito para non esquecer. O malo e que habia que pagar e prefiro non facelo ;)
Un saudo.
 
Tendo en conta que a entrada para os REM costara entre... non sei, 24-26 euros hai un ano case xusto, paréceme una esaxeración. Mesmo de balde igual me daba preguiza...
Saúdos.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?