domingo, fevereiro 12, 2006

Recuperando a fala (ou a escrita)

Xa vin que algún se decatou de que andei ausente... Houbo bos motivos: a combinación da semana na que tiña o meu segundo exame (o xoves) coa asistencia a dous (martes e mércores) xantares de despedida do xefe resultou ser letal para a miña vida. Non é que non tivera tempo para escribir, e que quedei sen discurso... E non era cousa de agobiar aos meus presuntos lectores co impacto da poética de Wilfred Owen nos movimentos antiguerra ou debullando a relevancia e simbolismo da cor en Heart of Darkness... Xa liberada da carga mental por aquí seguirei coas miñas teimas.
Opinions:
Eu xa notara a tua falta pero no fundo sabia que habias volver.
Benvida a este mundo !.
 
tamen andiven por aquí pero valeu a pena porque sempre un espera atopar un novo post. E esa maxia do que se espera é lindísima!
 
Eu pensei ben, pensei que estarías ocupada. E así foi, mais alégrame que voltes para ler posts novos.
Unha aperta de re-benvida.
;)
 
Agardo que ese espeso exame fora ben, e alegrome de volver a ler algo de vostede.
Apretas (pouco)
;-)
 
Son todos moi riquiños :))).
Apertas.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?