segunda-feira, fevereiro 13, 2006

Exposición

Non pensen que estes días de silencio foron de reclusión absoluta: o de ter exames esmagou os meus miolos, máis non as ganas de andar por aí. Así que, coa invitación dunha amiga galega que anda moi ben instalada por aquí (é o que ten ter mozo pata negra e non traballar o producto galaico, coma fago eu), fomos á inauguración dunha exposición de fotografía na Escuela de Artes. O que teñen as inauguración é que hai tanta xente que non se pode mirar as fotos... Por fortuna, quedamos ata a fin e puidemos gozar do Silencio Jondo de Ceferino López. Ademáis, en Extrema e Dura sempre hai que quedar ata o fin... (e cando se deixan de canapies pamplinosos e sacan o xamón).
Opinions:
bonita exposicións!

agardo tiveras sorte cos exames
apertas
 
Estivo ben, sí...
Os exames creo que ben, ainda que un deles foi moiiii estresante.
Apertas.
 
Veo que disfrutasteis con todo, con las fotos y -creo que más- con el jamón. Me alegra que así sea, para eso estaba todo, para disfrutarlo. Un saludo
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?