terça-feira, fevereiro 21, 2006

Caché

Onte fomos ao cine a ver Caché, de Michael Haneke. Gostamos da peli que, en parte, é como a vida: insegura, incompleta e tamén trampona. Quizáis por iso na peli poden rebobinar e mirar outra vez que pasou. Na vida quedamos coa lembranza inexacta e incompleta e, mesmo as veces, acabamos reelaborando tanto un feito pasado que chega un punto que non sabemos de certo se ocorreu así. Penso que nese sentido ten razón F. Míguez ao Apuntar para non esquecer. Está claro que Haneke fai trampa varias veces na peli, porque agacha cousas do mesmo xeito que, outras veces, as revela. Pero, ainda así, saimos bastante fascinados, ninguén moveu nin un músculo ata que acabaron de todo de todo os créditos. Tamén é certo que eramos 20 no cine...
Opinions:
"insegura, incompleta e tamén trampona" é verdade. Pero a vida tamén é máxica e fascinante, nonsi?
 
apuntada pra ir vela...

unha aperta
 
Quédome con esta excelente descrición: "é como a vida: insegura, incompleta e tamén trampona"

Mellor non se pode dicir.
 
A vida é o que temos... así que pode ser calquera cousa :)
Unha aperta para todos.
P.D: larvós, non consigo entrar no seu blog, ¿pásalle a alguén máis?
 
Nice site!
[url=http://korpzmik.com/hqdh/xfxc.html]My homepage[/url] | [url=http://sqscqtzv.com/ksws/hsyr.html]Cool site[/url]
 
Well done!
My homepage | Please visit
 
Thank you!
http://korpzmik.com/hqdh/xfxc.html | http://fsfgggjs.com/vidd/zhez.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?