Correo
Ligazóns a outros blogs
- A canción do náufrago
- Alfaias
- A Lareira
- A Picara de Allegue
- Apunta para non esquecer
- Aranheira
- Al Calor de la Lumbre
- A Regueifa
- As Crónicas Prusianas
- As túas balas
- Beliscos Pequenos
- Bretemas
- Cabaseira
- Capitulo 0
- Casatlantica
- Cenicienta Proletaria
- Colineta
- Costa dos Arrieiros
- Cousas de Imeneo
- Cousas deste Tempo
- Delirios
- Desbarradas de Akin
- Dias estranhos
- El Casino
- Endurance
- eueoseeuu
- Facendome o Sueco
- Falabarato
- Fíos Invisibles
- Futuro en Ruinas
- Gradicela
- Haicu
- Mi vida como un chino
- Modesto
- Naraio Nazón
- Nemeth
- Noites de lúa neghra
- O Blog dos Pelachos
- O Enigma Albixoi
- O Ollo da Vaca
- Opaco
- O Pitiño
- O Quilombo
- Orballo
- O Reverso
- Os tempos que corren
- Paparruchas
- Polvo á Feira
- Predicando en el Desierto
- Rabudo
- Rei de Copas
- Si Home Si
- Tardes Xeadas
- Trosma
Xa van alá...
segunda-feira, janeiro 23, 2006
Tremeu o chan
Onte polo serán houbo un terremoto aquí. Ben, o epicentro estivo en Feria, unha vila entre Badajoz e Zafra (a uns 15-20 kms. de Zafra) que resulta ser un dos lugares aos que máis levamos aos pringaos que asoman por aquí a nos visitar. Eu andaba cos colegas nun local novo que abriron aquí e que todos coincidimos que estaba moi ben e non nos enteramos de nadiña. Pero o Radical marchara antes para a casa, porque tiña exame hoxe pola mañanciña, e seica tremeu todo. Cando voltei, quedou abraiado de que nós non nos decatasemos de nada, porque seica foi similar en intensidade aos que houbera na Galiza hai uns... ¿8-9 anos? Seguro que todos temos anécdotas deses terremotiños... A ver se atopo algunha foto de Feria para poñer por aquí, que é un lugar espectacular.
Opinions:
<< Home
A min aquel terremotinho en Galicia colleume no sofa da casa dos meus sogros. Eu estaba a ler e notei que se meneaba o sofa como se alguen o puxase. Meu sogro estaba a xantar e preguntoume se notara algo. Eu dixenlle que si e xa apareceu Ana toda histerica: "Vamonos, vamonos,un terremoto" pero nos non nos movemos e ai rematou todo.
Tamen houbo outro aqui en Carolina habera dous anos. Eu sentin que se movia o chan da casa e asomeime a ver se era un camion que pasaba pero a estrada estaba a mais de cen metros. Logo decateime que o movemento era igual que o da outra vez e cain da burra.
E unha sensacion que espero non sentir xamais na vida. E menos se e destes de verdade.

A verdade é que aquel terremoto de 5,1 graos fora bastante acolloante, sobre todo porque a todos nos quedaba claro que era un terremoto e non outra cousa. Acababame de meter na piltra, era eu estudante en Santiago, e moviase a cama toda, xa escoitei ó meu compañeiro de piso correr polo corredor todo histérico. E que viviamos nun ático 5º dun edificio deses que lle añadiron tres plantas de formigón ás duas orixinais de pedra, as fendas que había no tiro das escaleiras podían servir ata para gardar libros clandestinos... Con todo, ó sairmos á terraza o que máis nos impresionaba (era a unha e pico da madrugada) era o oubear dos cans.
Si andas por Extremadura e por cerca de Zafra coñeces Tierra de Barros, en concreto Santa Marta?.
Que lembranzas!!!
Unha aperta.
:)
Que lembranzas!!!
Unha aperta.
:)
Mourullo: Houbo unha tempada que tiña a sensación de "vivir" subindo á torre de Feria, non lle digo máis ;)
Acedre, nenodadorita: a min o terremoto pilloume en Ponteareas. O ano anterior vivira en Santiago cunha rapaza armenia que lle tiña pánico (lóxico) aos terremotos, así que, moi experta eu, púxenme debaixo do dintel (o lugar máis seguro, disque).
Marinha: Pasei algunha vez por Santa Marta, pero non lembro ter parado. Zafra sí que o coñezo ben, o Radical traballou alí dous anos.
Peke: Zafra é unha vila moi agradable... e ten, como mínimo, 6 ou 7 moi bos restaurantes. O da calor e cousa de saber escoller a data. A primavera e o outono son unha delicia aquí.

Thank you!
[url=http://vqnbbfld.com/lywh/cdoh.html]My homepage[/url] | [url=http://hnkknfjb.com/nnox/mhaw.html]Cool site[/url]
Enviar um comentário
[url=http://vqnbbfld.com/lywh/cdoh.html]My homepage[/url] | [url=http://hnkknfjb.com/nnox/mhaw.html]Cool site[/url]
<< Home