domingo, janeiro 08, 2006

Tazas do mundo (I)

Ben, do mundo ou da miña casa, por poñer un exemplo. Non sei se tazas e correcto en galego (no meu, sí), pero non son quén de chamarlle ao da foto unha "cunca". As cuncas son de caldo, de viño, mesmo para o almorzo... pero non, non son quén de usar cunca para os cazolos (ben grandes) nos que tomo o té. Irei poñendo algunha de cando en vez, porque son un deses obxectos que forman parte íntima da miña vida cotiá. Merco tazas ainda que non as precise: se gosto delas, alá van. Este Nadal merquei dúas en Ponteareas, serán as do capítulo II.
Opinions:
A miña dos Reis (a de tiendas Mi Casa que, por certo, tamén hai en Ponteareas) é grande e ten debuxada unha vaca con frores. Moi bonita, si
 
Eu non xunto, pero a miña santa si que ten unha boa colesión. A cada sitio que imos do mundo hai que traer un mug deses... Temos unha porta dos mobles da cociña chea, dos sitios máis dispares...
Nesta viaxe a NY trouxo duas, unha da cidade e outra da ONU... debe ser por aquelo de que é territorio internacional. Feliz aninovo moza
 
Rabudo: agora que o dis... claro que hai MiCasa en Ponteareas, cómo teño a cabeza. De feito, hai unha tenda Mi Casa a uns... 50 metros da casa de meus pais, pero non lembraba que se chamaba así (en Badajoz hai unha cadena destas que se chama "Casa" e mestureinas un pouco. Creo que teño mercado algunha alí para a casa de meus pais (teño tanto vicio que ata as merco para deixar en casas alleas).
El niño de la guía: pois... creo que teño algunha que leva unha arroba, xa colgarei a foto.
Nenodadorita: O que eu trato de mercar polo "mundo" son imáns para a porta do frigo. Gosto moito dun que teño de Berlín. Teño que pasar polo teu blog a ver qué contas dese superviaxe que me enche de envexa :).
Unha aperta.
 
Eu tamén lle chamo mug e no choio teño unha co logo da bbc, como non podía ser doutra maneira ;)
 
Eu lle chamo mug... cando emprego o inglés. Pero coma as tazas chegaron á miña vida antes que o inglés, non son quén de cambiarlles o nome ;)
Unha aperta.
 
Una taza de earl grey con gota de leche y azúcar (de caña) a medio revolver, un sillón bien iluminado y un buen libro...
 
Earl Grey con leite???? Arggg ¡á fogueira con él!
No demáis, totalmente dacordo ;)
Unha aperta.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?