segunda-feira, janeiro 16, 2006

Solucións prácticas aos problemas cotiás


Disque unha fatwa acaba de pronunciarse no senso de que manter relacións sexuais espidos invalida o matrimonio. Hai outras opinións, seica máis moderadas que din que non hai problema maior en espirse, sempre que non se miren as "partes pudendas" (momento século XV...) e tal. Eu penso que, en realidade, o que ocorre é que, coma en tódalas sociedades, vai ser que teñen un número importante de morbosillos, que gostan de andar a remexer nestes temas e de xogar ás prendas como esparcimento. Para os da versión moderada, o modelito da foto igual lles vai ben como complemento baixo-chador de última tendencia. Especialmente, acho que o negro garda máis a uniformidade cromática e xa se sabe que o negro sempre viste...
Opinions:
¿E a qué se refiren exactamente con partes pudendas? Porque si son as que non deixan mostrar pola rúa (segundo que corrente sexa), mellor que procreen in vitro directamente.
 
XD condenado html.

¿E a qué se refiren exactamente con partes pudendas? Porque si son as que non deixan mostrar pola rúa (segundo que corrente sexa), mellor que procreen in vitro directamente.
 
Sr. miguez... quizáis me trabuco, que non estou moi versada en mentalidade medieval, pero paréceme que as partes pudendas han ser esas absolutamente precisas para a reproducción de toda a vida. Pero supoño que podería suxerir que emitisen outra fatwa aclarándoo ;)
Niño de la guía: eu non teño visto a moitos animais apagar a luz para foder ;)
 
Dende logo a xente busca problemas onde non os hai.
Un saudo e dicirche que non hai festa de Martin Luther king en Marin. Suponho que Laurindinha diria iso pola cantidade de negros que hai en Marin e que nun futuro chegaran a organizar esa festa. Pero isto xa entra no mundo dos supostos.
 
Ola, Hojas de Hierba!Viña por aquí para explicar a miña broma da festa Luther King en Marín pero xa vexo que Acedre se me adiantou... Vaia debate sobre sexualidade islámica!
 
Pois é mágoa que non sexa certo, non exactamente porque sexa ou non unha homaxe a King, que iso tanto tén. Pero facía ilu que os colectivos que veñen a vivir con nós traian tamén as súas festas (obviamente, é ben pouco probable que os negros de Marín sexan fans de Luther King, veñen de outra cultura totalmente diferente).
Saúdos para os dous :).
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?