terça-feira, janeiro 31, 2006

Retornados

Meus amigos T e B marchan de Lisboa, voltan a Galiza. Parece que van montar un sitio de petiscos en Santiago. Xa lles farei propaganda cando abran e saiba os detalles. Estou contenta por eles, ainda que me confortaba telos tan cerca de aquí, sabendo que calquera fin de semana podiamos visitarnos mutuamente. Iso fíxonos falar ao Radical e a min das posibilidades reais de retorno que temos. O panorama é complicado: ao Radical saironlle este ano en Galiza -4 prazas na súa especialidade e, dado que en Galiza hai uns 8 anos que non hai oposición, é o ultimo dunha lista de cento e pico. Vaia, un panorama alentador. O meu non é moito mellor, ainda que, probablemente, en 5 anos ou por aí podería ter opcións reais de aterrar na Ría de Arousa. O que pasa é que persiste a dúbida de cómo seremos dentro de tantos anos, de se teremos ganas de voltar a vivir alí, de se non seremos xa máis expatriados que emigrantes... Eu por se acaso, botei o Euromillón esta semana.
Opinions:
Futuro...como sera ?...
Dende logo mete respetinho pensar na volta. Millor non pensar. En canto a loteria eu xa tenho asumido que non me vai tocar e xa non xogo.
Un saudo e sorte para os teus amigos.
 
A volta da un vértigo... A miña experiencia foi a de volver sen ningún tipo de ocupación garantida, eso si, con moitas ideas na cabeza, cada cal menos factible. Finalmente, despois dese primeiro verán de cavilar e colaborar no negocio da familia, boteime a nado poñendo en marcha unha empresiña, nunca serei multimillonario pero imos xantando todolos días. O da loteria nunca se sabe... eu tamén coidaba que nunca tocaba.
 
Pois eu estou a pensar no contrario. E o vértigo é coma o voso pero ao revés. Levo moito tempo a pensar na posibilidade de deixar todo e irme fóra. Non é que esté moi mal no meu traballo (no que vou facer 9 anos). De feito é moi cómodo. Teño moi bó horario e cobro o suficiente para levar unha vida bastante desafogada. O problema é que a nivel profesional non me aporta nada. Todo o contrario. Acabo de cumprir 32 e acotío teño a impresión de que me estou devaluando como profesional.
Pero da un vértigooo...
 
Eu tamén cubrín o euromillón...
Unha aperta.
;)
 
Non paga moito a pena pensar no futuro. Acaba chegando sempre como lle peta e sempre é ben recibido. Xa virá.
 
Ay, pensar en el futuro es como comprar lotería: nunca ganas, pero tienes más posibilidades si compras... ¿O no?

¿Y montar un negociete de esos de poca inversión?

Creo que últimamente estoy más iluso de lo habitual.

Ánimo y apertas.
 
e que podo decir eu que tamén teño esas preguntas pero dende 14 mil kilómetros e un océano no meio? que non falo o idioma (ou o falo moi mal, que é pior ainda)? que conozo casi nada da vida, história, política...? E ainda así eu teño tamén esa ilusión.
 
Anda vostede ben? bótaselle de menos...
 
Well done!
[url=http://uiiqcdje.com/blic/ikux.html]My homepage[/url] | [url=http://zswllrgu.com/alrc/fyxu.html]Cool site[/url]
 
Well done!
My homepage | Please visit
 
Nice site!
http://uiiqcdje.com/blic/ikux.html | http://vtnuabqm.com/gxfw/kphf.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?