segunda-feira, janeiro 30, 2006

Neve

Aproveitando San Profe, marchamos para Córdoba cunhas amigas do Radical. Era coma un chiste, alá nos atopamos unha abulense, unha de Badajoz, unha portuguesa e dous galegos. O clima traía sorpresas: chuvia a mazo en Córdoba o primeiro día e neve á volta. As rapazas quedaban un día máis, pero nós aproveitamos para baixar e quitar unhas fotos ao olivar nevado. Era bonito de ver cómo ían caendo de vagar as folerpas desde as polas das árbores. Moita xente foi ao campo a mirar o espectáculo. Levaban aos nenos, pero non se sabía quén gozaba máis. Todos saímos dalí co sorriso posto e cuns bolazos no lombo.
Opinions:
Ainda que non ten muito a ver co teu post saiu fai uns meses nos usa este cd con letras de leaves of grass. http://www.amazon.com/gp/product/B0007GADW2/102-3765534-7918550?v=glance&n=5174


deduzco que tua familia mora en ponteareas, incrivel casualidade.nemo
 
Eu tamén tiven viaxe, (a mensual á cidade do arquivo do demonio) o sábado pola tarde púxose a nevar ó tolo, e en tres horas había case unha cuarta de neve na cidade, na praza maior novos e non tan novos brincaban con ela nunha explosión de ledicia colectiva. Hoxe pola mañanciña, cando voltei, alucinei cos -13 ó pasar por Xinzo de Limia.
 
Graciñas pola ligazón, Nemo. E sí, meus pais viven en Ponteareas, ainda que tamén andivemos por outros lugares... No inverno vou por alí de cando en vez. No verán moito menos.
Mourullo: chamaba moito a atención, sí
Nenodadorita: debeches pasar un frío de mil demonios... Cando imos a Galiza pola ruta da Plata (cada vez menos, agora case sempre atravesamos Portugal), ao pasar de Cáceres a Salamanca nótase a diferencia mesmo no xeito de vestir. Chega un a Salamanca e comeza a ver xente coa cara tapada pola bufanda...
Non me esquezo do asunto das manías, o malo é que onte tiñao escrito enteiro e non sei que fixen e o perdín... :(
Unha aperta
 
eu nunca vin nevar, pero tiven a miña propia nevada nas tuas palabras. Graciñas!!! mais ainda porque temos moito calor acá e un pouco de frío é marabilloso nestes días.
 
Aneve e bonita pero mais e o que dis ti:ver nevar.
A ver se este ano neva que parece que non vai ser.
 
Isto era moi curioso, acedre, non nevaba, pero había bastante neve nas polas e follas das oliveiras e ía caendo coma unha mininevada debaixo de cada árbore.
Unha aperta.
 
Nice site!
[url=http://qctpmlyv.com/rpld/dfyy.html]My homepage[/url] | [url=http://bzwfdevg.com/mvzp/xvcd.html]Cool site[/url]
 
Thank you!
My homepage | Please visit
 
Thank you!
http://qctpmlyv.com/rpld/dfyy.html | http://pvvthoix.com/wyfb/wnaw.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?