quinta-feira, janeiro 05, 2006

Mentres non estabades...

Ou non estaba eu, qué máis dá... O caso é que estiven na Galiza visitando á familia e amigos, malcriando aos sobriños, tentando de coñecer ás novas adquisicións que fixeron os amigos (foi posible ver a cariña de Irene, e mesmo arrolala un pouco no colo; non chegamos a ver a Icía, que tamén acaba de asomar a cabeciña hai menos dun mes e xa ten algo de qué preocuparse: os cólicos). Un día decidimos ir ata Santiago, coa excusa da expo de Frida Kalho. Houbo sorte: comemos na Quintana e ás catro xa estabamos na porta, así que aforramos ás filas. Non estivo mal, pero a sensación de conxunto foi que moita foto e pouco cadro. Ademáis, só gostei realmente dos retratos, que me pareceron cheos de cousas que escapaban polos ollos fixos da retratada. Os demáis deixaronme bastante fría. De tódolos xeitos, espero que sigan traendo máis "excusas" para voltar a Santiago, porque foi un día estupendo. Fomos ao María Castaña a ver a Xan e, coma sempre, o reencontro foi emotivo e co aliciente especial de que nos íamos ver con toda seguridade no xantar do 31. Aproveitamos para que o Radical probase o tiramisú de castañas, especialidade da casa e unha das miñas sobremesas favoritas. Contounos os últimos chinchorreos composteláns e tivemos oportunidade de ver en directo a influencia de Air Berlin sobre a economía compostelana...
Opinions:
ese retrato e mais o altar, sen discusión o mellor da exposición.
 
Os retratos, sen dúbida, foron o mellor. Menos o da amiga, pero ímoslle perdoar que disque era o primeiro que pintou.
Saúdos.
 
Non a vin, a pesar de que estiven en Santiago e me gusta Frida desde hai moito tempo. Outras angueiras ocuparon a miña cabeza. Feliz 2006.
 
Eu tampouco ainda non a vín tocaralle esta semán, xa opinarei logo...
A mín Frida é unha muller que me gusta.
Un beijo.
:)
 
Peke: espero que as preocupacións, das que lin algo no blog de Cesare, desapareceran despois do susto inicial.
Marinha: Vai vela, pero, se podes, chega ben cediño, que evitarás as filas
 
Nosotros pasamos por delante a última hora en plena fiebre arrebatada de "¡Hay que comprarle un regalo a mi hermana!".
 
Thank you!
[url=http://umhvcuqq.com/qnfk/ktdr.html]My homepage[/url] | [url=http://ssuihckw.com/qzoe/zonx.html]Cool site[/url]
 
Well done!
My homepage | Please visit
 
Great work!
http://umhvcuqq.com/qnfk/ktdr.html | http://ocpxzovy.com/lugx/llta.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?