segunda-feira, janeiro 30, 2006

Manías ¿eu?

Veña, aí van as cinco manías:
-Con respecto aos estudos teño miles de manías, que van mutando coma virus: hai tempadas nas que son incapaz de avanzar un paso sen facer fichas (sempre do mesmo formato, claro), outras teño que ter un tipex ao lado para ir corrixindo os erros/tachaduras/borróns que vaia facendo nos resumos, outras simplemente preciso ter tres bolis iguais enriba da mesa... Agora mesmo, estou en fase pilot negro, azul e vermello e un lápis para poder facer algo a dereitas.
-Polo menos, na miña casa ten que haber tres tipos distintos de té.
-No traballo, sempre axusto tódolos documentos, corrixo os erros dos modelos, personalizo o xénero da persoa á que vai dirixida, se é unha empresa engado "social" á palabra domicilio. En fin, que son moi tiquismiquis. Para min non é raro, pero é que os meus compañeiros non o fan, así que sempre o oculto coma se fose algo malo... Considéroo unha manía porque me pon nervioso non facelo e iso indica unha certa compulsión.
-Cústame polo menos quince minutos espertar de todo... Pobre do que intente meterme présa neses quince minutos. Diso poden dar fe miña nai (que é coma unha nena hiperactiva, non pode deixar nada para dentro dun pouco...) e o Radical, que de cando en vez recibe algún exabrupto por iso.
-Sempre rompo as cadeas, así que non lle paso esta a ninguén...
Opinions:
Gracias por contarnos esas manías, o de tiquismiquis na documentación é algo que comparto bastante, acostumo a correxir a falla de precisión na linguaxe xurídica e administrativa, Graciñas tamén por romper a pugnetera cadea, outros somos máis cobardes.
 
A min pásame mais ou menos o mesmo que a Satine, pero cunha particularidade en forma de manía. Eu teño o reloxo adiantado 10 minutos, mais ou menos. Pois ben, teño a manía de poñer catro alarmas: a primeira 45 minutos antes da hora, a segunda 30 minutos, a terceira 10 e a última a da hora á que se supón que teño que levantarme. Pero, non contento con iso, nunca son capaz de levantarme á hora. Sempre tardo 5 minutiños mais.

Joder, visto así escrito, parezo un psicópata.
 
Satine, non creas, a maioría das veces eses quince minutiños transcorren na ducha :S, así que...
Nenodadorita, non creas que non gostei do "convite", o que pasa é que xa non sei se queda alguén a quén llo pasar. E é ben certo que case sempre rompo as cadeas.
Oskiña: o das alarmas tamén o fago eu... iso demostra que o Radical é un home ben paciente ;)
Unha aperta.
 
Eu coincido contigo na manía nº5 bufff despertar é un suplicio, bueno, non tanto despertar como levantarse.
En fin, non queda outra. Ademáis sempre penso no incentivo, un rico almorzo mmmm...
Unha aperta.
:)
 
Good design!
[url=http://tjeonume.com/nbvj/lglz.html]My homepage[/url] | [url=http://sqijnawo.com/fymb/vwgk.html]Cool site[/url]
 
Nice site!
http://tjeonume.com/nbvj/lglz.html | http://azfwsyyt.com/eyti/hnhk.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?