Correo
Ligazóns a outros blogs
- A canción do náufrago
- Alfaias
- A Lareira
- A Picara de Allegue
- Apunta para non esquecer
- Aranheira
- Al Calor de la Lumbre
- A Regueifa
- As Crónicas Prusianas
- As túas balas
- Beliscos Pequenos
- Bretemas
- Cabaseira
- Capitulo 0
- Casatlantica
- Cenicienta Proletaria
- Colineta
- Costa dos Arrieiros
- Cousas de Imeneo
- Cousas deste Tempo
- Delirios
- Desbarradas de Akin
- Dias estranhos
- El Casino
- Endurance
- eueoseeuu
- Facendome o Sueco
- Falabarato
- Fíos Invisibles
- Futuro en Ruinas
- Gradicela
- Haicu
- Mi vida como un chino
- Modesto
- Naraio Nazón
- Nemeth
- Noites de lúa neghra
- O Blog dos Pelachos
- O Enigma Albixoi
- O Ollo da Vaca
- Opaco
- O Pitiño
- O Quilombo
- Orballo
- O Reverso
- Os tempos que corren
- Paparruchas
- Polvo á Feira
- Predicando en el Desierto
- Rabudo
- Rei de Copas
- Si Home Si
- Tardes Xeadas
- Trosma
Xa van alá...
terça-feira, janeiro 24, 2006
Génova, tenemos un problema.
O Pepé tenche un problemiña ben fodido coa coña do Estatut, unha dicotomía que lle está a facer saír canas a máis de un: o malo é, que ainda que saquen peito na defensa da idea de Ejpaaaña única e tal e cual, o que persiguen os cataláns co Estatut é o máis de dereitas que poida imaxinar un. Todo o rollo "nación" é un trapiño vermello dos que lles poñen diante aos touros... para ceder e, á fin, quedar cos cartiños.
Para o PSOE non é unha eiva: históricamente, non lle custa votos tomar decisións de dereitas, o que lles adoita a custar votos é comportarse coma señoritos de dereitas de toda a vida... Pero o do Pepé é outro cantar: resulta que iso que alporiza tanto a Rajoy é tan de dereitas que varios dos seus presidentes autonómicos queren un Estatut para sí (non importa que diga "Nación" ou non), a Espe quere un, o valenciano tamén. Tódalas comunidades autónomas ricas queren ser máis ricas e quedar con máis cacho diso que recadan de máis por ser os máis mellores. Colateralmente, ao ter que ceder menos pastel ás comunidades máis pobres, a man de obra barateira que estas sempre lle proporcionaron, será máis barata e máis submisa se for posible. Pero xa dixeron que van ser moiiii solidarios con esas comunidades, igual fan unha fundación desas modernas que contratan infantas (ejpañolas...).
¿Farán un casting para substituir a Piqué? Porque a ver quén apanda...
Opinions:
<< Home
Á xente normal (a que atopas nas tabernas, no bus, no ambulatorio ou no traballo (pola parte de fora) todas estas comedias que enchen os informativos importanlle máis ben pouco. Á xente preocupalle que con mil euros ó mes es un candidato firme a caerte do sistema, que si a tua nai ou a teu pai lle da con alzeimer non sabes como vas poder traballar para pagar a hipoteca e coidalos ó mesmo tempo. Preocupan os traballos (de becario) con moita cualificación é pouco soldo, as pensións da agraria (a maioría nesta terra) de 460 euros/mes... Ós de Génova, e ós de Ferraz, e tamén ós da Av. de Lugo encantaríalle que a xente falase todo o día do que eles se encargan de alimentar mediante gabinete de prensa nos informativos, pero a realidade cotiá vai por camiños ben lonxe da oficial.
(Supoño que se nota que sigo un pouco depre... perdoa pola murga herbiña) ;-)
(Supoño que se nota que sigo un pouco depre... perdoa pola murga herbiña) ;-)
O PP ten un problema: que non é un partido liberal, nin conservador, nin siquera un partido de dereitas como os do resto do mundo. E o resíduo político dos que, noutrora, herdaron a doctrina dunha dictadura fascista. Ocorre que esa doctrina aínda é o cebo co que atraen a moitos votantes, criados naquel mundo da una, grande y libre, sin pensar o que significaba; pero ocorre tamén que as outras dereitas (o poder económico, por exemplo) están ó abeiro de ese partido, como única opción non social de España. Claro, parece ser que tanta ideoloxía facha, acaba por enfrentarse coa ideoloxía dos cartos e... o que tí dis: a ver quen apanda.
Por suposto, oxalá estivéramos a debatir sobre salarios ou riscos laborais, e non sobre política por e para políticos.
Por suposto, oxalá estivéramos a debatir sobre salarios ou riscos laborais, e non sobre política por e para políticos.
Nenodadorita... cómo me "tocaron" as túas palabras. Unha das miñas compañeiras de traballo pasou un 2005 horrible: súa irmán, que ainda non cumplir os 50, sufriu un achuchón de orixe descoñecida que a deixou momentaneamente eivada. Por dúas veces estivo a piques de morrer e só pola intervención da familia, conseguiron que a sacaran adiante (os medicos xa a daban por perdida). Agora está case recuperada, pero ¡cántas veces comentaba a miña compañeira que "menos mal que aquí no hay problema por...". Nunha empresa privada case seguro que a terían despedido: tivo que faltar bastante e a calidade do seu traballo, que sempre era moi boa, caeu en picado... Pero era iso ou que á súa irmá quedara case completamente desatendida. Hai xente para quen esa elección é imposible.
Só hai un grande hospital adicado a paraplexias e inmobilidades (o de Toledo). Tardaron 4 meses en darlle praza. Eses 4 meses tiveron que ser nunha residencia privada, pagando todo a familia. As residencias asistidas da Junta de Extremadura ou non tiñan praza, ou non dispuñan de servizo de rehabilitación.
Certamente, eses son os problemas DE VERDADE.
Unha aperta.
Só hai un grande hospital adicado a paraplexias e inmobilidades (o de Toledo). Tardaron 4 meses en darlle praza. Eses 4 meses tiveron que ser nunha residencia privada, pagando todo a familia. As residencias asistidas da Junta de Extremadura ou non tiñan praza, ou non dispuñan de servizo de rehabilitación.
Certamente, eses son os problemas DE VERDADE.
Unha aperta.
f.miguez: eu creo que a parte máis grande do Pepé é democracia cristiana, pero sin democracia e máis católica que cristiana ;).
Mourullo: estiven a piques de abrir a ligazón que puxo... pero a referencia a JLosantos deixoume esterrecida e ainda non fun quén de entrar.
Unha aperta.
Enviar um comentário
Unha aperta.
<< Home