domingo, janeiro 15, 2006

Fume: estado da cuestión...

Pasan os días e a oficina segue a estar libre de fume. Os fumadores saen fóra ao parque que hai xusto fronte do choio. O venres houbo unha novedade: un dos da oficina de enfrente veu comentar se había algún problema en que fumasen na cochera (aquí na Extrema non hai garaxes...). Xuraban que pecharían as dúas portas de comunicación co resto do local. Dixemos que sí, que non había problema ningún en que o fixeran. Cando marchou (o rapaz que veu falar non traballa con nós e tampouco era dos peores: supoño que os nosos dous nin se atreveron a vir pedir nada) comentabamos o paradoxo: hai un mes, non pedían permiso para botarnos o fume na cara, hoxe preguntan ata para fumar nunha dependencia que non emprega ninguén.
Opinions:
Sen fume todo vai mellor, máis calidade de vida.
Unha aperta dunha non fumadora.
:)
 
Eu ando agochada coma se tivera unha enfermidade contaxiosa. O bo disto é que saio moito máis a rúa e podo respirar o mesmo tempo o fume dos coches xunto co do cigarro.
 
Bueno, o fume dos coches tamén o respiramos os non fumadores, creo...
Non coñezo as túas circunstancias, quizáis no teu traballo non amolabas a ninguén co fume, ¿quén sabe?
Saúdos.
 
Penso que o mellor da lei non é a lei en si, senón que reabriu este debate e que os fumadores teñen algo máis de respecto polos demais. Agora preguntan, piden permiso... É unha magoa que teña que ser a golpe de lei.
 
Estou dacordo con Vd., precisando só que xa había fumadores moi respectuosos. Saúdos.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?