quinta-feira, janeiro 12, 2006

Cría fama...

Levo unha vida aburrida, supoño. Vaia, non é que eu estea aburrida, ao contrario, son unha persoa feliz... Pero se relatase a miña vida en plan axenda, quedariades todos durmidos antes de chegar a cuarta entrada. Vivo lonxe da miña xente, a miña parella vive fóra da casa case toda a semana, e meus amigos andan espallados polo mundo e parindo sen parar. Aquí xa visitei turísticamente moitos sitios interesantes, esta vila-con-pretensións non é precisamente un lugar social nin culturalmente estimulante, estudio a distancia unha carreira con poucos alumnos, así que non hai moita relación social que sacar de aí e socializar cos clientes está totalmente fóra de lugar no meu caso. No último ano trabei boa relación co único colectivo (case) que queda sen facerse dalgunha secta (hai unha estilo hindu por aquí que teñen vidilla, pero só che deixan comer cousas verdes e crúas) e moitos días quedo cos compañeiros de traballo (entendido en sentido amplo) para tomar unhas cañas e botar unhas risas. Nos últimos tempos, a relación estreitouse e quedamos máis a cotío. Nun colectivo coma o noso, duns... 50 traballadores, este feito non pasou inadvertido. O outro día, o segurata que nos "coida", preguntou se marchabamos algún de nós no vindeiro traslado. Ao respostarlle que sí, comentou "así que se va a disgregar la cuchipandi". Ao parecer temos fama de juerguistas impenitentes e de que andamos sempre de troula en troula. Qué cousas... vése que hai vidas ainda máis aburridas.
Opinions:
¿Non traballará vostede no sector público?
 
Que lle imos facer...
 
A vida non e aburrida. Hai que mirala con bos ollos e disfrutar: uns amigos, unhas risas e un tempo sen preocupacions resucita un morto.
Saudos e a disfrutar.
 
sei o que lle pasa. Levo pouco nunha cidade nova onde o máis emocionante é traballar. Pero todo se cura con tempo e con paciencia. Ánimo!
 
xa o sabía o hortelano aquil do can que nin comía nin deixaba comer. Apertas e ás palabras necias xa sabes como di o refran...
 
Aseguroche que nestes instres pagaría unha boa suma por levar esa vida aburrida que ti levas. Porque os que temos una vida "animada" non vivimos mellor. Fago unha media de 1000 km á semana e non son viaxante, polo traballo teño que ir máis de tres veces ó mes fora do País, pero tamén pola vida familiar... a miña santa tamén traballa fora toda a semana, atender saraos, visitar políticos, darlle de comer a xente no verán, eu o que quero e ter un horario de oito horas e logo ir para a miña casiña a dormir... pero non, a miña vida e guay (un carallo guay).
 
Enténdote, nenodadorita. O meu Radical fai uns... non sei, 600 kms./semana (se non imos a ningures o finde, claro), pasa fóra da casa case tódolos días de "escola" e tamén está fartiño. Eu estou contenta coa miña vida, o que me sorprende é que alguén, dende fóra, a poida considerar "cuchipandesca" :)
 
Well done!
[url=http://maxyxbdg.com/uhah/xwhz.html]My homepage[/url] | [url=http://binpepfj.com/iplj/yhia.html]Cool site[/url]
 
Nice site!
My homepage | Please visit
 
Great work!
http://maxyxbdg.com/uhah/xwhz.html | http://grdoyghs.com/jxrk/eqwl.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?