quarta-feira, janeiro 11, 2006

¿Contra Comic Sans?

Hai por aí unha campaña contra o emprego disque abusivo do tipo de Letra Comic Sans. O luns andaba a ler cun sorriso a páxina dos instigadores. Casualidades da vida, o martes pola mañá ocorre un feito que me convirte en crente respecto de esta campaña: cae nas miñas manciñas unha demanda de separación contenciosa (estas nas que un pelexa polo rosario da sogra) redactada íntegramente con esa fonte. Supoño que se podería considerar un uso abusivo, sí, semella coma se o avogado/a se estivera a coñear do rollo. Falta de decoro poético...
Opinions:
É que a letra comic sans ten un non-sei-que que provoca adicción. Eu estiven moi enganchado hai anos, anque fun quen de me desintoxicar con éxito. Agora son máis de Courier New...
 
Niño de la guía: pois o da sentencia foi deliberado, o programa informático que usan os Xulgados trae por defecto outra fonte, creo que Times New Roman, non estou certa... así que o que cambiou tivo que ser un supermegafan de Comic Sans.
Ollo de vidro: benvido... Eu tamén fixen cousiñas en Comic, sí, confésome culpable. Últimamente estoulle collendo apego a Arial, ainda que só nalgúns tamaños e para algunhas cousas.
 
O programa esse utiliza-se normalmente para actos de trámite, mas os juízes costumam redigir as sentenças em Word. O outro dia estivem botando umas risadas com uma magistrada porque o corrector automático lhe encheu uma sentença de "orgasmos administrativos". Mmmmmm.
 
Hola subcomediante:
O que di é certo, salvo que hai maxistrados que non mecanografan en absoluto e empregan a letra que lles sae do boli ;)
Saúdos.
 
Good design!
[url=http://eejumjog.com/avfz/ptgk.html]My homepage[/url] | [url=http://ogxesswp.com/hwew/ubat.html]Cool site[/url]
 
Nice site!
My homepage | Please visit
 
Great work!
http://eejumjog.com/avfz/ptgk.html | http://unafoguk.com/fbjo/upvt.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?