segunda-feira, janeiro 09, 2006

Cando falla a boa vontade, ás veces funciona a lei


Levo un ano e pico traballando no mesmo sitio. Unha oficina de 9 persoas, 4 delas fumadoras. Dúas fumadoras nunca precisaron de lei ningunha: sabían que fumar nalgún dos tres cubículos de 9 metros cadrados de que dispoñemos molestaba aos demáis e incluso a elas mesmas e non fumaban alí. Cos outros dous fumadores non houbo xeito: nin súplicas, nin razoamentos, nin educadas peticións, nin cabreos, nada valeu para que un dos cubículos deixase de ser un lugar cheirento, no que mesmo algún dos nosos clientes comentaba que cómo podía haber tanto fume. Disque a lei non ía arranxar nada... Ben, non teño interese ningún na parte da lei que fala dos bares: se nalgún bar non me gusta o ambiente, marcho e xa está. Pero do choio un non pode marchar (bueno, a fumar fóra sí que pode...). E no meu choio a lei arranxou a situación de falta de respecto sistemático aos demáis e mesmo de falta de respeto a regulamentos xa existentes (xa estaba prohibido fumar e, ademáis, unha desas 9 persoas esta embarazada de 8 meses). Moitos dos fumadores que coñezo non precisan esa lei: son xa persoas respectuosas de por sí. Algúns sentíronse ofendidos con ela. Non creo que sexa un enfoque axeitado: case ningún precisamos para nós mesmos as leis que proscriben o asasinato...
A imaxe collina prestada de Der d'eiquí.
Opinions:
O millor e deixar de fumar directamente.
Un saudo e que venhan aires limpos.
 
Eu non son fumadora mais opino igual que acedre.
:)
 
Eu antes pensaba o mesmo, pero xa chegou un punto no que me abonda con que non se nos impoña o fume do tabaco constantemente. Non teño ningún interese en interferir na liberdade individual de ningún fumador, se queren seguir a fumar, paréceme respectable. Pero que non sexa no lugar de traballo, please!
Unha aperta.
 
Eu son fumador, e aínda así, o que comenta na entrada, paréceme abusivo. Supoño que para estes fumadores facía falta unha lei así
 
Opaco: eu non adoito a ter problemas coa meirande parte dos fumadores. De feito, cando alguén pregunta se pode fumar no meu salón, sempre digo que sí. Despois, moitas veces, eles mesmos tiran hacia a fiestra. E senon, tampouco pasa nada: non son tan sensible que me moleste o fume de dous cigarros, un día aillado.
Seguro que con vostede tampouco tería problema ;)
Saúdos.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?