terça-feira, janeiro 03, 2006

Antes de nada

Xa estou de volta, e seguramente, van ter máis ración de Hai Cada! ca antes das vacacións: non o teño constatado empíricamente pero sospeito que trouxen enriba (bueno, dentro) do corpo un par de kilos de materia orgánica galega. Iso sí, ben rica, que eu non son das que engordan por comer hot dogs e patacas fritidas de bolsa. Xa que logo, inmersa nese momento Bridget Jones que toca sempre nestas datas, vou facer pública a lista de propósitos para o 2006:
-Facer "algo" de deporte...
-Tratar de presentarme con certa dignidade a esas materias para as que formalicei a matrícula. Para non volverme atrás, deixo por escrito que para este cuatrimestre teño Pensamiento y Creación Literaria en la primera mitad del Siglo XX, Semántica y Lexicografía, Lengua Inglesa: usos específicos (English for Law), y Segunda Lengua y su Literatura II: Alemán. Dito queda.
-Pedir dunha puta vez as convalidacións das materias de libre configuración, que xa vai sendo tempo.
-Ir a Thailandia.
-Ir (polo menos unha fin de semana) a Cádiz a ver ás amigas.
-Non pasarlle nin media a P. Xa abondou co reparto "progresista" do traballo ("tu registras, que yo tengo mucho trabajo" -> "trabajo" en castelán-manchego debe significar "xogar ao solitario", polo que se ve...).
-Ter máis paciencia con A. Tampouco ten a culpa, o pobre... (pero como volva a preguntar cómo se multiplica por 0,3... non sei!!!!).
Opinions:
Alégrame a túa volta.
Unha aperta.
:)
 
Feliz Ano!

Xa somos dous co fardel e as cartucheiras cheas de materia orgánica :)
 
Eu tamén tive un momento Bridget Jones pero o deixei atrás e sen perder os kilos que as festas deixan. Que tampouco foron de hot dogs... Benvinda e sorte cos propósitos!
 
Holaaaa!! me alegro de leerte otra vez :-)y espero que se cumplan esos propósitos. Por cierto, aprobé una y me quedé con otra.

Bicos :-)
 
Sorte cos propositos e que todo saia rodado.
 
Marinha: eu tamén estou contenta de lervos por aquí.
Nemeth: Menos mal que nestas datas estamos no inverno e non toca por estas latitudes ensinar as cartucheiras ;-)
Filladorozas: moitas grazas polo comentario. O nome resultame... ¿familiar? (Bicos enormes)
Torredebabel: así me gusta, ben alimentada, coma min :)
Maca: xa só queda unhaaaaa!!!! Ben! ¿Cantas levas de Antropología? Bicos.
Acedre: grazas e que vaia lindo o ano que empeza.
 
Jo, yo no hice aún mis planes. Creo que los dejaré para el año que viene.

Me alegro de leerte de nuevo.

Un abrazo.
 
A ti non che fan falla plans, Olves, que xa che vai ben así, improvisando :).
Unha aperta.
 
Nice site!
[url=http://xdvifgpz.com/dsed/csdb.html]My homepage[/url] | [url=http://jztsdtxe.com/xoyr/ylpm.html]Cool site[/url]
 
Well done!
My homepage | Please visit
 
Great work!
http://xdvifgpz.com/dsed/csdb.html | http://uuecygva.com/gwla/qaen.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?