segunda-feira, dezembro 19, 2005

Feeling blue

Levo un par de días un pouco tristeira. O sábado pola noite saimos tomar un café con uns amigos e, ao abrir a porta do carro, andaba por alí un canciño solto. Era moi pequeno como para que alguén o deixara saír só, un cachorriño de mes e pico, dous meses como moito. Achegueime a él e acariñeille a cabeciña. Ao principio desconfiaba, pero despois foise achegando e movía o rabo. O Radical chamaba por min e marchamos. Viu correndo atrás do carro un anaco. Pola noite soñei co canciño e espertei un pouco ansiosa. Chegou o Radical de facer deporte e lle contei o soño. Díxome que o voltara a ver por alí pola mañá. Discutimos sobre a conveniencia de adoptalo: os seus argumentos en contra eran razoables, lóxicos... pero eu cada vez estaba máis triste. Ainda que fai un frío que pela, dende entón asomo cada par de horas á porta da casa a ver se o vexo pola rúa. Sempre gostei dos animais, dende pequena. Agora, sen embargo, pensaba que tiña claro que non quería ter un. E sigo estando certa de que non vou ir mercar un. Pero se volta a aparecer este pola porta, non sei o que faría. Poida que sexa a idade, que anda o reloxio biolóxico en alerta fucsia, ou quén sabe qué. Pero ainda non sei se prefiro que volte ou que non.
Opinions:
snif... hojasdehierba, xa somos duas tristeiras polo canciño. Eu cando me pasan estas cousas, saco da memoria unha mentira que me dicía a miña nai cando era nena e quería adoptar a todos os gatos que atopaba pola rúa: "Non esteas triste que xa o atopou alguén e xa ten unha casa linda para el".
Regálocha, se che gusta... Apertas!
 
Vaia, o Radical debeu falar con túa nai, porque esta mañá chamou por teléfono ao traballo para dicirme exactamente eso: que non o vira pola mañá, así que seguro que xa o acollera alguén...
Graciñas e unha aperta.
 
Estou con Radical e coa nai de torredebabel, ha estar nun sitio ben lindo... Unha aperta agarimosa pra levantar ese ánimo...
 
Dan magoa e deixan a unha persoa nunha mala situacion. Que facer ?.
Espero que non o volvas ver e que o adopte unha boa persoa.
 
Sinto romper tan melancólico momento, pero considero que un can non necesita de dono, os cans naceron para ser e andar ceibes, non para estar encerrados nunha casa, e menos ainda nun piso. A xente que levou os cans para as cidades no fondo é moi egoista, porque non pensa máis que no benestar propio, non no do animal. Os cans que hai na miña familia durmen no cuberto e viven ceibes pola correidoira (hoxe xa asfaltada) que pasa por diante da casa, caghan onde queren e mexan nas rodas dos carros de quen lle peta. Son máis felices que os condeados a ter un horario para mexar e cagar.

Sinto ser tan duro, pero as veces o noso comportamento, con semellar agarimoso, é torturador.
 
É imprescindible consultar con Radical?. Ainda así, tranquila o canciño seguro que está ben.
Unha aperta.
;)
 
Yo encontré a mi perro en la carretera de Bordóns. Era un cachorro y le dejaron abandonado en una caja. Catorce años estuvo conmigo pero como bien dice nenodanorita, anduvo siempre libre y a su aíre, si me lo traígo a Madrid no hubiera aguantado en esta jungla. Le encantaba la playa y asustar a las gallinas.

Feeling blue :-) me ha gustado

Bicos
Maca
 
Bo Nadal e que se solucione o asunto do cancinho.
 
Acedre: por fortuna, non o volvín a ver... quizáis fose dalgún veciño, os hai que deixan que os cans saian sós...
Nenodadorita: non vivo nun piso e a vida aquí é relativamente parecida á vida "de aldea": os nenos xogan na rúa, algúns cans saen sin dono e voltan logo a casa... Deume mágoa o can porque andaba ás once da noite por aí, con unha temperatura moi baixa e procuraba compaña.
Maca: Sabía que gostarías :). Un bico enorme.
Marínha: sí, na miña opinión, hei de consultalo co Radical... como calquera cousa que afecte á vida en común dos dous. Eche o que ten o da parella ;-)
 
Ánimo.
¿No tendrán que ver todas las campañas lacrimógenas con que nos bombardean en estas fechas?
En cuanto a lo del perrillo, lo ideal es lo que dice nenodanorita. De hecho sería lo ideal para todo bicho viviente.
Saúdos.
 
Non sei, tampouco sería estrano que sí, unha non é de pedra ;).
¡¡¡¡Volta á vida natural xa!!!! :D
Unha aperta.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?