terça-feira, dezembro 13, 2005

Anonimato, at last

Naqueles tempos antes da minienfermidade andei a meterlles o medo no corpo con que ía falar do anonimato. Pois ben, os tempos son chegados así que imos aló. Comentan algúns popes dende os seus púlpitos de papel de xornal que isto dos blogs ven sendo unha especie de refuxio de difamadores agachados nesa agora parece que tremenda palabra: ANONIMATO.
Non creo que Fernán Vello sexa tan duro co descoñecido autor do Lazarillo de Tormes, pero, claro, ese non ten a máis mínima posibilidade de comentar os seus libros, todo hai que dicilo.
Por suposto, haberá xente que se agoche no anonimato para por verde ao próximo, moi probablemente dicindo cousas que non diría se as tivera que asinar ou mesmo se se botara á cara ao seu interlocutor. Pero eses casos contados, que máis ben adoitan a darse nos comentarios que no propio texto dos blogs, e que tenden a aparecer sobre todo nos blogs de "famosos", non parecen razón dabondo para falar de "un sospeitoso anonimato que di moito da psicoloxía persoal dos expositores e debatentes".
Quizáis o sospeitoso anonimato sexa menos sospeitoso se un se para a pensar un par de segundos: non todos os que escribimos blogs vivimos de escribir. Para un xornalista, para un escritor, ter un blog pode ser un punto extra no curriculum. Para outras profesións é indiferente. Para outras poucas pode ser realmente incómodo.
Por outra banda, ás veces o concepto do anonimato é esvaradizo: case ningún dos que seguides este blog sabedes o meu nome, pero tampouco engadiría nada a este blog sabelo. Nese aspecto, é un blog anónimo. Mais este blog o len meus pais, meu irmán e o meu Radical. Non sei canto lle importa ao Sr. Fernán Vello o que pensan os seus lectores do que el escribe, supoño que moito... Pero eu non podo pensar en opinións que me importen máis que as desas persoas que sí saben cómo me chamo, onde vivo e de quén veño sendo.
Opinions:
Co nome que eu poño no bló da para que saiba quen son un grupo de xente cercana á miña familia ou do meu lugar. Pero o resto da xente que o poida ler, completamente distinta daquela, so vai coñecer o que escribo e penso, e coido que é dabondo. Se eu fose un escritor pintoresco, ademáis de ir ó mesmo estilista que M.A.Fernán Vello seguramente amosaría a miña calva todalas semanas no bló. Pero no meu caso, o único que podería ocorrerme sería ficar sen traballo, se cadra é cobardía, pero tamén é dereito a ser só coñecido por quen un quer.

Outra cousa distinta é o de facer comentarios ós post sen asinar co nome blogueiro (anónimo), nese caso si que o anonimato non ten sentido.

Parabéns polo Post!!
 
totalmente de acordo! penso que falar de "un sospeitoso anonimato que di moito da psicoloxía persoal dos expositores e debatentes" é non coñecer a lóxica de Internet no máis mínimo e non coñecer nada de psicoloxía. As persoas "reales" atópanse na vida "real" mentres que na vida virtual, todos somos virtuais (podemos ser eses ou otros e os nomes non engaden nada). O asunto vai por outro camiño.
 
Aledome de que gostasen :).
Unha aperta.
 
Ser anonimo ou non depende de cada un e das suas circunstancias.
No meu blogo sabese muito de min e dos meus e hai nomes e datos abondos para que unha suposta policia ou CIA me descubrise.
Cando eu posteo ou cando comento a outra persoa procuro dicir a verdade e non tratar de ofender. Se non opino e porque non me interesa ou non sei ou crearia demasiada polemica e, aparte, o tempo botase enriba dun e eu nnon tenho o suficiente para andar perdendoo por ai.
Outros non son coma min e gustanlles perder o tempo ou crear polemicas ou inimigos. Ala eles. Pero se aparecen polo meu blogo non vou perder tempo co eles.
Saudos.
 
Estou dacordo co teu enfoque, acedre. Tan só pretendía resaltar que, ás veces, o anonimato ven propiciado por circunstancias externas ao propio blog, ás veces profesionais, ás veces por malas experiencias anteriores...
En calquera caso, espero que algún día poidamos tomar un café por aí polo Porriño ;).
Unha aperta.
 
Good design!
[url=http://hnnnmlhj.com/wqsy/crwf.html]My homepage[/url] | [url=http://llesjdsm.com/pqan/jrho.html]Cool site[/url]
 
Well done!
http://hnnnmlhj.com/wqsy/crwf.html | http://pqjftzpz.com/huar/ohpl.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?