terça-feira, outubro 18, 2005

Vellos rebeldes

Hai algún tempo asociaba sempre a palabra "rebelde" coas primeiras (ou segundas) idades da vida: a típica imaxe do mozo ou moza rebelde, herdada de pelis coma a de Nicholas Ray que deixou xeado no tempo a Jimmy Dean ou a de Coppola, con todos eses rapazolos que logo chegaron a ser tan ricos e, según algúns/algunhas, tan guapos (Tom Cruise, Matt Dillon, Rob Lowe...).
Parece que no mundo literario español os rebeldes xa non van cumplir os setenta. Despois da tarascada que comentabamos o outro día de Caballero Bonald, Marsé monta o cirio no Planeta (¡co ben que deben pagar!), premio que él mesmo gañou, ainda que fora na casi-prehistoria, con aquela novela de título que parecía inspirado polo contemporáneo destape. Monta o cirio e logo demite... Fixo ben: se o fixera despois de todo o paripé planetario, non se ía enterar ninguén. E se o fixera antes non aceptando formar parte do xurado, ninguén falaría do conto pola tele, todo o máis nos suplementos literarios.
Menos mal que agora a xente vive moitos anos e temos a eses enfants terribles para que dean un pouco de caña.
Opinions:
Llegué a pensar que era golpe de efecto ordenado por el señor Lara, pero Marsé tiene eso, que no se calla lo que piensa.

ah, sí, y además escribe literatura.

Otro "vello rebelde" que está pocho es Haro Tecglen.

Saludos.
 
Eu apenas conhezo a Juan Marse. Lin hai anos "El embrujo de Shangai" e non me fixo tilin. Non sei como seran outras obras suas.
En canto ao do premio Planeta, eu penso que fixo ben en dar a sua opinion e non seguir un xogo que non lle gustaba non sei si con motivo ou non.
 
Eu tamén descoñezo a obra de Marsé, acedre. A ver se un día me da por aí.
O de Haro Tecglen vino hoxe nas noticias. Iso sí que era un "enfant terrible"
Apertas para os dous.
 
Nice site!
[url=http://cjowhhfi.com/scbw/pcus.html]My homepage[/url] | [url=http://iscvdtmw.com/kvsd/txni.html]Cool site[/url]
 
Good design!
My homepage | Please visit
 
Great work!
http://cjowhhfi.com/scbw/pcus.html | http://hjjxohdp.com/avkq/bddj.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?