sexta-feira, outubro 28, 2005

Por terras de Galiza.

Boto uns días acompañando a unha persoa da familia nun marabilloso hotel a gastos pagos do SERGAS e iso fai que lea a edición en papel da Voz (desde o verán que non cheiraba un xornal galego en papel). Na contracapa quedo encantada de ver unha entrevista que un foreiro recentemente engadido ás miñas ligazóns lle fai a unha rapaza camioneira. Leo cun sorriso cada vez máis amplo, porque o que a rapaza conta de seu pai me recorda o que sempre me inculcou o meu: podo facer calquera cousa que poida facer outro, só fai é preciso que queira facela e me prepare para iso... Dicía a conductora do camión que cando lle preguntaba ao pai se había de ser quén de sacar o camión por un lugar estreito, él contestaballe que claro, se outros podían, ela tamén.
Recordo cando fun a vivir a Cádiz. Nunca fixera un viaxe de máis de 200 kms. conducindo soa. Miña nai preguntou se non sería moito os 1000 kms. Meu pai dixo que non: que eu tiña carnet e podía facelo igual que calquera. E sempre así.
Cando vexo ás veces a mulleres da miña idade criadas na inseguranza en sí mesmas, ainda agradezo máis a meus pais á confianza que sempre puxeron en min...
Opinions:
Para iso estan os pais; para axudar e apoiar. Muita sorte tiveches con pais asi.
Un saudo.
 
Si, moita sorte tiveches cuns pais así.
 
Grazas por moitas cousas: primeiro, por lerme (seguro que o personaxe, tamén feminino de mañán luns na última non che fai tanta graza...); segundo, por disfrutar e identificarte co que dicía Lorena na entrevista ¡¡¡Xa me gustaría que outros que van de traxe tiveran a metade de cabeza que Lorena!!!; e, terceiro, por formar parte dese grupo nos que nos incluímos os que somos como somos porque uns pais confiaron en nós sin medida. Eu, niso, tamén son afortunado. Bicos.
 
Non sei se o dixo alguèn ou soñeino: Cando sintes desexos de facer algunha cousa..polo visto xa tes a metade do traballo feito.
Unha aperta
 
:)
Unha aperta para todos.
 
tol8025@hanmail.net

변경점..
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?