quarta-feira, outubro 19, 2005

Luis e Pedro

O Gabinete de Iniciativas Transfronterizas da Junta organiza uns encontros con Portugal, e ao abeiro destas xornadas actuaron onte no Palacio de Congresos de Mérida Luis Pastor e Pedro Guerra. Por unha vez, conseguimos enterarnos de algo antes de que pase e alí fomos. A convocatoria foi afortunada : o próximo disco de Luis Pastor será de poemas de Saramago, e a súa relación con Portugal é intensa tendo colaborado con José Afonso en diversas ocasións.
O concerto familiar (Luis e Pedro son cuñados) foi lindo. Algunhas en portugués de Luis e a súa dona, outras en castelán, Pedro Guerra en portugués e despois varias os dous xuntos. Saimos contentos.
Para esta fin de semana, hai un curso interesantísimo e ademáis gratuito de dúas xornadas sobre os incendios forestais, con participantes de ambolos dous países. Mágoa non poder ir...
Opinions:
E verdade. Sempre se neteira un das cousas cando pasan.
Tivestes sorte desfrutando dun concerto asi.
Saudos dende a terra sen concertos.
 
A dona de Luis penso que se chama Lourdes, é a irmá de Pedro Guerra. Tamén canta Lourdes nos concertos?
 
Pois sí, chámase Lourdes, é irmá de Pedro Guerra e canta xunto a Luis Pastor nos concertos de este.
Neste caso estaba un pouco ronca e tivo que deixar o escenario despois de dúas ou tres cancións...
Saúdos.
 
Thank you!
[url=http://nighvxbx.com/kwok/laxd.html]My homepage[/url] | [url=http://cwqnwima.com/anjt/qigs.html]Cool site[/url]
 
Thank you!
My homepage | Please visit
 
Great work!
http://nighvxbx.com/kwok/laxd.html | http://ykeewkyr.com/giqd/gbcs.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?