domingo, outubro 02, 2005

Hong Kong

Aproveitando o peche xeral este que os non-sei-que-cocos organizaron na nosa casa, remato "El puerto de los aromas" de John Lanchester, que me regalaron no meu aniversario, aproveitando a miña vea asiática do momento.
Sorprendentemente mal traducida. E sorpréndeme porque Anagrama adoita a coidar algo máis estas cousas. Non lin a versión en inglés... pero non hai que facelo para saber que, cando alguén recupera o sentido despois dun desmaio, non "vuelve", senon que "vuelve en sí". Entretida, ainda que boto en falta algo máis de cidade nunha novela que leva o título da propia cidade (Hong Kong significa precisamente "porto dos aromas"). Interesante a nítida distinción da sociedade dos blancos e dos chinos, separadas por algo máis que prexuizos racistas.
Hai uns días vin nunha librería de aquí outra novela de tema asiático... e supoño que cairá un día destes. Se alguén ten outra recomendación...
Opinions:
Yo estoy esperando al Heike Monogatari que van a sacar en Gredos.
¿Qué tal algo de poesía china?
 
Seguro que xa o coñeces, tratándose dun clásico, pero suxiro: Bélver Yin, do escritor Jesús Ferrero.
 
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
 
Vaia... pois sí lle teño lido algo a Ferrero, pero non Bélver Yin. Boa idea, lifmialón, graciñas, tiña esquecido totalmente esa novela.

Olves, o da literatura medieval xaponesa non sei se será too much para unha rapaza de vila coma min ;-)
Unha aperta
 
Good design!
[url=http://nyoqoazt.com/wfwt/cois.html]My homepage[/url] | [url=http://tetaowxe.com/hyrd/ksln.html]Cool site[/url]
 
Well done!
My homepage | Please visit
 
Great work!
http://nyoqoazt.com/wfwt/cois.html | http://nqlzujyg.com/dalt/kqvh.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?