sexta-feira, outubro 07, 2005

Hai linguas e linguas...

Ensinaronnos funagalo, que é a lingua que empregan na mina para dar ordes. É unha lingua estrana. Os zulús rin cando a escoitan, porque ten moitas palabras en zulú, pero non é zulú. É unha boa lingua para dicirlle á xente o que ten que facer. Ten moitas palabras para dicir "puxar", "coller", "empurrar", "levar", "cargar" e ningunha para "amor" ou "felicidade", ou para o son que fan os paxaros pola mañanciña.
Escribiuno Alexander McCall Smith e a torpe traducción é miña.
Opinions:
O funagalo non semella un idioma senon un manual de instruccions.
Espero que tenha palabras para as boas cousas anque sexan tabu.
 
Moi probablemente sexa só un tecnolecto...
A fonte é unha novela, así que non sei se será moi axustada á realidade. Pero chamoume a atención o concepto, como ese emprego do "código" os metía nun traballo brutal e violento (minas de diamantes en Sudáfrica).
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?