quinta-feira, setembro 08, 2005

¿Saqueos? Non, alí, non


Mentres en Nova Orleans a xente divide o seu tempo mercando armas para defenderse doutra xente que tamén as mercara para o mesmo e saquear todo o que atopa para non ter que deixar de tomar esas augas balneáricas que lles xurdiron na city coma por arte de maxia, aquí colgo unha foto do enimigo.
Tomada en Trinidad, dez días despois do paso do furacán Dennis, que deixou 16 mortos nesta cidade e numerosos desperfectos. Cando nós estivemos alí, había bastantes problemas: desperfectos en moitas casas, cortes de electricidade de moitas horas ao día (moito máis longos do normal en Cuba, máis o cabreo engadido da xente porque Fidel rexeitara a axuda internacional que lle ofreceran. Ainda así, a xente seguía a ser amable, ainda que non levaran zapatos... En canto ao saqueo, nin siquera trataron de saquearnos moito a nós e os prezos das artesanías eran a metade dos da Habana.
Iso sí, montaron un par de protestas contra o réxime. Non creo que lles serviran de nada, pero iso é outro conto.
Opinions:
O asunto dos saqueos e complexo e suponho que as circunstancias serian distintas en Nova Orleans de Trinidad. Non penso que tenha que ver exclusivamente co caracter da xente. A min estanme chegando novas do Katrina e de verdade que e espeluznante e non me extranha que houbese saqueos; vexoos como algo normal e o das armas tamen.
A foto que fixeches e marabillosa.
Saudos.
 
Estoy de acuerdo con acedre. Yo no sé qué haría si me imagino en esa situación.
 
Coincido con vós en que os saqueos son algo normal na situación que levaban vivindo... Sen embargo, as bandas armadas de saqueadores dende o primeiro día, xa non o vexo "normal", salvo desde unha perspectiva de povo sempre-armado...
Coido que houbo situacións que non se deron noutras catástrofes naturais igual de graves.
Por outra banda, que se empregasen lugares para xuntar aos refuxiados coma a parte de abaixo dunha ponte de autopista, resulta abraiante :O, especialmente, nun país rico...
¿Quizáis nos USA non hai hoteis, albergues, centros de día, residencias, pensións...?
Saúdos.
 
Sí, la manera que han tenido de manejar todo el asunto raya en el darwinismo social.
Y toda la población armándose contra el vecino...
Nunca he viajado allí, pero es uno de esos sitios que me produce tantos pensamientos contradictorios que no sé si me apetece o no.
Saludos (me he dado cuenta de que, hasta ahora, nunca me despedía. Vaya por delante una disculpa).
 
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
 
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?